miércoles, 12 de enero de 2011

Francia país invitado en Xantar 2011

Francia será el país invitado en Xantar 2011

Francia será o país convidado na 12ª edición de Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que terá lugar en Expourense entre o 2 e o 6 de febreiro de 2011.

O país galo estará representado pola cidade de Quimper, ubicada na Bretaña francesa e irmandada coa de Ourense dende 2005.

A participación deste país en Xantar conta co apoio do Concello de Ourense e materializarase grazas aos convenios de colaboración entre as dúas escolas de hostalería: o IES de Vilamarín (Ourense) e o Lycée Professionnel Jean Chaptal de Quimper.

Francia, a través de Quimper, participará en todas as accións previstas para esta duodécima edición de Xantar promocionando a súa gastronomía, turismo e produtos agroalimentarios. Así, este país terá a súa propia área de restauración na feira na que se poderá degustar un menú no que destacará a principal protagonista da súa cociña, a crêpe, ademais dos seus peixes, mariscos, queixos e viños. Dentro do programa de actividades previsto para a duodécima edición, Francia ofrecerá unha cata de viños comentada e, dentro dos obradoiros previstos, impartirase un sobre a cociña da Bretaña Francesa.

Despois de ter contado en edicións anteriores con México, Portugal e A Arxentina, como países convidados, a elección de Francia, e en concreto de Quimper, desposta ó feito de que esta cidade está irmandada con Ourense e a que a súa gastronomía está integrada na Dieta Atlántica, da que Xantar leva anos promocionando os seus beneficios para a saúde. Outros dos aspectos que relacionan a esta cidade con Galicia é que a rexión á que pertenece Quimper está ubicada no denominado “Finisterre” francés.
A fama do bo comer francés é en gran medida responsabilidade da variedade da súa cociña rexional. Tanto na costa noroeste como na mediterránea atópanse pexes de calidade, así como criadeiros de marisco, ostras e mexillóns, especialmente na zona de Aquitania, Charente, Normandía e Bretaña. Este país destaca ademais pola calidade das súas máis de 400 variedades de queixos.

Na Bretaña as especialidades gastronómicas son os crêpes, o Far Breton (flan con froitas), o Kig ha farz (carne de porco fervida con masa de fariña), Gallete (crêpes salados) e o Kouign amann (torta con mantequilla). En Quimper poden encontrarse algunhas das mellores creperías do país.