Caravana coches clásicos desde Ferrol
O vindeiro domingo, día 12 de xuño ás 11:00 horas sairá de FIMO unha caravana de coches clásicos que percorrerá a comarca para promocionar a cuarta edición do Salón de Vehículos e Motocicletas de Época, Expoclásicos, que se celebrará no recinto feiral de Ferrol entre os días
24 e 26 de Xuño.
A iniciativa, promovida por FIMO e a Escudería Ferrol, contará coa participación dunha vintena de vehículos clásicos que, partindo de Ferrol, pasen por Narón, Neda, Cabanas e Mugardos. Está previsto que en Neda (Atrio da Igrexa), Cabanas (aparcadoiro da praia) e Mugardos (porto) se leven a cabo sendas paradas e que os participantes nesta caravana sexan
recibidos polos respectivos alcaldes das tres localidades.
Expoclásicos volverá a congregar no recinto feiral de Ferrol, entre os días 24 e 25 de Xuño a cantos, ben de xeito amateur ou ben como profesionais, están vencellados ao sector dos vehículos e motocicletas de época.
O certame busca ser mostra da proxección comercial do sector dos vehículos
históricos, ao mesmo tempo que quere dar cabida aos colectivos e asociacións profesionais e coleccionistas co obxectivo de configurar un espazo de referencia e intercambio de ideas e iniciativas dende o que dar a coñecer o seu dinamismo.
Precisamente, coincidindo coa celebración de Expoclásicos, a Escudería Ferrol prepara o V Rallye de Ferrol Histórico, programado para o 25 de Xuño, con saída ás 10:00 h. dende o Cantón de Molíns e chegada caras ás 18:30 horas ao recinto feiral de Ferrol, onde se celebrará unha proba de habilidade entre os participantes no Rallye.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada