Festa Mexilón Chapela 2011
Festa do Mexilón en Chapela
Tendrá lugar este domingo 23 de octubre organizado pola asociación de hosteleria "Praia de Arealonga".
Por primeira vez conta con varias novidades. O lugar onde se realiza a festa será unha gran carpa situada na praia da Arealonga, haberá un concurso gastronómico no que pode participar todo o mundo e pola tarde farase unha gran paella.
Dende a organización, presidida por Lino González, comentaban que este ano se repartirán preto de 5000kg , e poderán degustarse a prezos populares en diferentes variedades como poden ser ao vapor, vinagreta e empanadas de millo e trigo. Nos locais da praia tamén servirán este produto cos mesmos prezos.
A cita xira en torno ao mexillón, pero haberá tamén actividades musicais con pasarrúas e actuacións de grupos de música e baile durante todo o día e presencia tamén de nomes coñecidos. Por exemplo o televisivo cociñeiro do programa Larpeiros Benigno Campos, será o encargado de entregar os premios do concurso gastronómico no que se recoñecerá á mellor empanada e o mellor prato elaborado con este produto.
Tamén haberá pregoeiro, na voz do presidente de Terras Gauda, José María Fonseca e as sete media da tarde e baixo a supervisión de Manolo Aguinchos, xerente de catherin, dará comezo a elaboración dunha xigante paella de mexillón que se poderá degustar a prezos populares.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada