lunes, 31 de octubre de 2011

Samaín Vigo 2011

Samaín 2011 en Vigo
A véspera de Santos, o luns 31 de outubro, a partires das 17.30 horas, na praza do Berbés, celebraremos a Festa do Samaín. Unha festa, dirixida de xeito especial ás criaturas, pero na que tamén participaremos as xentes de máis idade para transmitirlles as tradicións, os costumes, as lendas, e divertírmonos todos e todas.

A Festa do Samaín é unha celebración das máis antigas do mundo celta, na que se celebra o remate do verán e das colleitas, e se lle abre a porta a estación escura, o inverno, coa que comezaba o novo ano. Unha oportunidade de relación entre os vivos cos seus antepasados.

PROGRAMA
■Obradoiro de calacús
■Obradoiro de caracterización con maquillaxe
■Os Narigudos da compañía de Títeres TANXARIÑA
■Magosto infantil