Aniversario Muralla Romana Lugo patrimonio de la Humanidad
XI aniversario de la declaración de la muralla de Lugo
PATRIMONIO DA HUMANIDAD
Entre los días 28, 29 e 30 de Noviembro de 2011 se celebra el XI Aniversario de la declaración de la muralla romana de Lugo como Patrimonio de la Humanidad.
Luns 28 de novembro: Lugo e a súa Muralla
18:00 Charla de Adolfo de Abel Vilela: "LVCVS AVGVTI e a importancia militar da Muralla" Museo Provincial
20:00 Charla de Enrrique Alcorta “Muralla, Monumento, Moenia” Museo Provincial
Martes 29 de novembro: A Muralla, valor de futuro
20:00 Mesa redonda “Futuro e posta en valor dos restos arqueolóxicos”. Experiencias e modelos de xestión noutras cidades Patrimonio da Humanidade. Museo Provincial
Mércores 30 de novembro: Celebración do XI Aniversario
Durante todo o día, xornada de portas abertas nos museos da cidade e agasallo de libros aos visitantes
11:00 Mesa redonda “Futuro e posta en valor dos restos arqueolóxicos”. Encontro de cidades amuralladas. Exporán os seus respectivos proxectos representantes do Concello de Santiago de Compostela, Cámara de Monçao, Cámara de Valença do Minho, Cámara de Melgaço e Concello de Lugo. e modelos de xestión noutras cidades Patrimonio da Humanidade. CEI - Nodus
18:30 a-CÓRDA-te da Muralla “- Acto colectivo de homenaxe á Muralla no 11º aniversario da declaración como Patrimonio da Humanidade.
•Unha corda, soportada por todas as persoas que participen, rodeará a Muralla para sensibilizar sobre o coidado do monumento.
•Os ciclistas galegos Ezequiel Mosquera e Gustavo César Veloso conducirán os dous extremos da corda. Poderán unirse todas as persoas que o desexen, ben sexa en bicicleta ou a pé.
•Durante o percorrido, ata que se xunten os dous extremos da corda, haberá actuacións de diversos colectivos e artistas lucenses en todo o perímetro da Muralla.
•No momento en que os dous extremos da corda se xunten dispararanse 11 foguetes e dará comezo á festa de todas e todos os lucenses.
Tramo peonil da ronda da Muralla
19:30 Magostos na Muralla. Reparto gratuíto de castañas entre as persoas asistentes e actuacións musicais ao vivo. En todas as portas da Muralla

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada