miércoles, 9 de noviembre de 2011

Obras de mejora recinto Ferial Ferrol FIMO

RECINTO FEIRAL DE FERROL RECIBE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PRETO DE
250.000€ PARA OBRAS DE MELLORA

O presidente do organismo provincial e o titular de FIMO asinaron hoxe un convenio de colaboración

O presidente da Deputación Provincial da Coruña, D. Diego Calvo Pouso, e o
presidente do Consorcio Pro Feiras e Exposicións de Ferrol-FIMO, D. Xoan Gato Díaz, asinaron na mañá de hoxe no recinto feiral ferroán, un convenio de colaboración polo que o estas instalacións recibirán unha achega de 246.430€. O alcalde de Ferrol, D. José M. Rey Varela, actuou como testigo de excepción da sinatura deste protocolo, que permitirá a execución de dúas importantes intervencións nas instalacións de Punta Arnela.

A primeria delas, a que leva o maior volume de inversión, preto de 200.000€, consistirá na instalación dun novo centro de transformación que permitirá caseque triplicar a capacidade do actual, e con isto atender necesidades de suministro do recinto aínda estando a pleno rendemento. Coa evolución destas instalacións feirais, incrementáronse as necesidades de
suministro eléctrico das mesmas e o actual centro transformador non soportaba toda a demanda de potencia dalgúns dos servizos existentes.

A segunda das actuacións incluídas neste acordo fai referencia á reparación e acondicionamento dos vestiarios do pavillón número 5 do recinto, renovando os revestimentos de paredes e teitos, instalándose sistemas de auga quente sanitaria, e acondicionándose os vestiarios para minusválidos. Aproveitarase tamén para instalar aseos para discapacitados na zona de público. O custo desta obra será de preto de 47.500€ (47.493,36€).

Ambas as dúas intervencións serán contratadas antes de que remate o ano e agárdase que estean rematadas na primeira metade do 2012.

Trala sinatura do acordo, o presidente de FIMO suliñou “o extraordinario interese que a Deputación Provincial da Coruña pon en colaborar coa evolución da nosa institución e das nosas instalacións”, sempre que dende o Consorcio se demanda a súa colaboración. Á marxe da aportación que o organismo provincial fai cada ano para a explotación do recinto 120.000€), Xoan Gato explicou que “os seus responsables son sempre receptivos a cantas necesidades lles plantexamos e non dubidan en sumar a esta cantidade novas aportacións como a que hoxe nos trae D. Diego Calvo, que permitan facer do noso recinto feiral unha instalación capaz de competir no seu sector”. De cara ao futuro, Xoan Gato apostou por dotar de maior ocupación as instalacións de Punta Arnela, suliñando que nesa dirección se orienta o plan de viabilidad no que se está a traballar dende o Consorcio Pro Feiras e Exposicións.

O titular de FIMO aproveitou a presenza do alcalde de Ferrol para agradecer tamén á institución municipal, socia coa Cámara de Comercio, no Consorcio Pro Feiras de Ferrol, o esforzo constante que o Concello realiza para garantir o futuro da institución e das súas instalacións.

O presidente provincial, D. Diego Calvo, reiterou na súa intervención o respaldo da Deputación á FIMO agora e no futuro e abogou por aplicar sobre a institución un plan de viabilidade que garanta a súa competitividade futura e posibilite así a entrada das institucións supramunicipais nunha futura fundación feiral ferrolá.

Pola súa parte, o rexedor, D. José M. Rey Varela, fixo un recoñecemento ao esforzo inversor da Deputación da Coruña en FIMO e comprometeu a continuidade do respaldo municipal á institución. Rey Varela destacou a importancia que o recinto feiral de Ferrol ten para a cidade e fixo votos para que no vindeiro ano Ferrol sexa posible celebrar o cincuenta aniversario da Feira de Mostras “como os ferroláns se merecen”.