jueves, 3 de noviembre de 2011

Salón Nupcial de Blanco Ferrol 2011

O SALÓN NUPCIAL DE BRANCO DE FERROL OFRECERÁ ÁS PARELLAS DE NOIVOS UNHA
OCASIÓN ÚNICA PARA PREPARAR A MELLOR DAS CERIMONIAS CO MÁXIMO AFORRO

O recinto feiral de Ferrol voltará a albergar o vindeiro mes de novembro o Salón Nupcial De Branco, programado para a fin de semana do 25 ao 27. Durante eses días, o recinto convertirase no mellor dos escaparates onde as parellas de noivos terán ao seu alcance a máis completa oferta en cantos servizos son necesarios para a preparación dunha cerimonia
nupcial: moda para noivo e noiva, roupa de cerimonia para convidados, calzado,complementos, perruquería, música, banquetes, flores, fotografía, lencería, listas de vodas,viaxes, coches, e un longo etcétera das últimas tendencias en celebracións nupciais.

Arredor dunha trintena de expositores teñen formalizada xa a súa participación neste Salón monográfico de vodas, organizado por FIMO, e a contratación segue aberta.
Este ano ademáis, o certame fará posible que os noivos poidan disfrutar do día da súa voda sen ter que escatimar cartos, porque os expositores participantes lles ofrecerán oportunidades únicas nos seus servizos, ben a través de descontos, ou de agasallos que complementen os servizos que soliciten, sempre que os contraten durante os días de celebración do salón.
Por suposto, non fallará nesta duodécima edición de De Branco a pasarela de moda, onde o público visitante poderá coñecer de preto as últimas tendencias en moda para home, muller e rapaces e rapazas, non somentes de arras, senón tamén de Comunión. Aos desfiles, sumaranse un importante número de actividades complementarias orientadas sempre ao asesoramento das parellas visitantes do certame: baile, protocolo, etc.

X CONCURSO DE XOVES DESEÑADORES
Como ven sucedendo dende hai dez anos, De Branco inclúe a celebración do
Concurso de Xoves Deseñadores, patrocinado polo Concello de Ferrol, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia. Trátase dunha convocatoria que pretende contribuir a que os novos valores do deseño de moda poidan proxectar o seu bo facer e escomencen a abrirse camiños nun sector tan competitivo como o seu.
Todos os participantes disporán dun stand, onde expor as súas creacións e ademáis terán a oportunidade de que modelos profesionais desfilen as súas creacións pola pasarela de De Branco.
Nesta convocatoria poderán inscribirse os estudiantes de Escolas de Deseño de Moda de toda España, e a temática do concurso será o leit motiv de De Branco: as vodas. Así, deberán presentar a concurso deseños de noiva, noivo ou ámbolos dous. As bases do certame poden consultalas na web de FIMO www.fimo-ferrol.org.
Os cinco mellores deseños repartiranse preto de 6.000€ en premios