Feria Oportunidades y Salón Vehículo Usado Ferrol 2011
II Feira das Oportunidades que esta fin de semana se celebrará no recinto feiral de Ferrol.
Na mesma fin de semana celebrase tamén o XVII Salón do Vehículo Usado, Ocasión Auto con preto de 200 vehículos de ocasión coa mellor relación calidade-prezo.
As dúas feiras compartirán pavillóns (1, 2, 3 e hall) ocupando unha superficie de preto de 8.000 metros cadrados.
Como sucedeu coa anterior convocatoria, a iniciativa da II Feira das Oportunidades ven promovida polo Centro Comercial Aberto da Magdalena e pretende facer do recinto feiral de Ferrol o gran escaparate dos establecementos comerciais de Ferrol e a súa área de influencia.
Favorecendo o achegamento dos comerciantes a os miles de visitantes que acuden en cada edición deste certame.
O obxectivo desta convocatoria é configurar un amplo espazo comercial que abrangue todo tipo de productos procedentes de stocks, ofrecendo ao comerciante a ocasión de darlle saída a estes excedentes e ao visitante do salón unha oportunidade de mercar produtos de primeira calidade aos mellores prezos. Agardamos que a proximidade das datas de Nadal, favoreza a afluencia de consumidores a esta convocatoria.
Roupa para todas as idades, calzado, prendas deportivas, óptica, decoración, fogar, complementos, peletería e un longo etcétera de produtos estarán á venda na Feira das Oportunidades desta fin de semana, con descontos que nalgúns casos superarán o 60%.
Despois da experiencia positiva da pasada edición da Feira das Oportunidades, en que por vez primeira a oferta incluía tamén vehículos de ocasión, decidiuse nesta convocatoria celebrar este certame de xeito conxunto co XVII Salón do Vehículo Usado, ampliándose así o abano de produtos a ofrecer ao visitante abarcando dende o máis pequeno dos complementos de moda, ata todo tipo de vehículos.
Preto de douscentos coches de segunda man ou kilómetro cero estarán á venda entre o 2 e o 4 de Decembro en Punta Arnela nunha ocasión única para cambiar de vehículo, con ofertas especiais con motivo da celebración do certame.
HORARIO DO CERTAME:
VENRES, 2 DE DECEMBRO: 16:30 a 20:30
SÁBADO, 3 E DOMINGO, 4 DE DECEMBRO:
10:30 a 14:00
16:30 a 20:30
PREZO DA ENTRADA:1€
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada