lunes, 12 de diciembre de 2011

Festival Rebulir de Baile Ramirás, Ourense

Un ano máis, e xa van seis, chega o Festival Rebulir de Baile e MúsicaTradicional, cun programa que sebosquexa o máis ambicioso dos ata o momento organizados.

Nas Xornadas do 16, 17 e 18 de Decembro contémplanse múltiples actividades, que acorde a filosofía da asociación serán gratuitas e abertas para todo opúblico. Como novidade, destacamos a páxina web que sehabilitou con toda información do evento www.festivalrebulir.com .

O acto principal terá lugar o Sábado 17, as 19:00 h. cando os colectivos chegarán ao Polideportivo de O Picouto(Concello de Ramirás), sendo recibidos polo grupoanfitrión e as diferentes autoridades presentes. Neste acto preténdese mostraro mellor do folclore de cada unha das comunidades/países visitantes. Neste senso, contaremos con amigos chegados de:

- EBMT Rebulir (Ramirás)

- Grupo Orcellón (O Carballiño)

- AFM Villa i Condau de Noreña (Asturias)

- Grupo de Folclore da Casa do Povo de Cacia (Portugal)

- Grupo El Miajón (Extremadura)

- Mariachis y Ballet Colores de México (México)
Na madrugada do Domingo, o local“Oxígeno” de Celanova acollerá unha Foliada, onde os diferentes grupos animaránaos presentes coas súas músicas. Xuntos brindaremos cunha cunca de queimada pasada a media noite. Na Xornada do 17, as diferentes delegacións visitarán acidade de Ourense e as súas termas.

Así, Ramirás volverá a converterse un ano máis nun espazo de convivencia intercultural congrupos chegados de diferentes puntos e con intereses comúns. A directiva da Asociación Rebulir espera que disfrutedes deste Festival que serve deproxección do noso Concello, e que de por sí, é xa unha data no almanaque festivo dos ramirenses.