Salón Xuventude Ocio Nadal Ferrol 2011
Salón da Xuventude, Ocio Nadal
Horario y precios parque infantil Ferrol 2011
Apertura en Ferrol desde vindeiro venres, día 23 ao recinto feiral de Punta Arnela con moitas doses de diversión para o máis novos, que poderán disfrutar ata o vindeiro día 15 de Xaneiro. Sete mil cincocentos metros cadrados de entretemento para un público de todas as idades, posto que en moitas das actividades os adultos poden acompañar aos nenos e compartir con eles as catro horas diarias de entretemento que lles ofrece este certame, coorganizado por FIMO e Producción e Montaxes Diversos, E.T.
O salón incorpora nesta edición algunhas novidades en canto a actividades previstas, entre elas unha pista americana, rocódromo, tirolina, touro mecánico, e a atracción denominada “tirachinas”. A isto súmanse as xa habituais atraccións de feira (pista de coches de choque infantil e adultos, saltón, dragón, camas elásticas, etc.) o circuito de karts a pedais, os inchables, o mini golf e os servicios de cafetería, hamburguesería e docería, pensados para dar un completo servizo a nenos e maiores de xeito que non precisen sair dos pavillóns onde se celebra o salón e aproveiten ao máximo a súa entrada.
Ademáis, grazas á colaboración de Gadisa, instalarase en Ocio Nadal a Caixiña dos Mistos. Unha sala de cine itinerante con contidos audiovisuais de curta duración, de todo o mundo, dirixidos a público infantil e adolescente.
Unha experiencia que vais más aló de ver unha película, posto que antes de entrar á proxección realízanse actividades complementarias. A Caixiña dos Mistos estará no XII Salón da Xuventude os días 23, 27, 28, 29 e 30 de
Decembro.
Con somentes aboar 5€, os visitantes poderán facer uso ilimitado de cantas actividades se inclúen en Ocio Nadal. Os adultos que acompañen a menores somentes terán que aboar 2€. O salón abrirá todos os días, en horario de tarde, de 16:30 a 20:30 horas.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada