sábado, 4 de febrero de 2012

Carnaval Verin 2012

Carnaval Verin 2012

Dende o 9 ao 21 de febreiro, a localidade de Verín acollerá a celebración dun dos Entroidos máis participativos, ancestrais e orixinais de Galicia, declarado Festa de Interese Turístico Nacional desde o ano 2009.

XOVES DE COMPADRES (9 DE FEBREIRO DE 2012)

Tras a primeira saída dos cigarróns no día de San Antón, arrinca o Entroido 2012 co Xoves de Compadres. Despois de cear nos restaurantes do municipio e a partir da media noite, os homes e mozos verinenses percorrerán as rúas Montemaior, avenida de Portugal, Irmáns Moreno, Deputación, Luis Espada, Lisa e praza García Barbón, na que se celebrará o xuízo e queima do Maragato. Durante esta viaxe, os compadres irán acompañados do Carro do Meco e da música da Banda de Gaitas do Concello de Verín e da charanga Támega, para acabar a festa na praza coa Disco-Móvil Jorge. Ademais, desde esa xornada e ata o 17 de marzo, a Casa do Escudo de Verín acollerá a exposición 'O Noso Entroido', conformada por cadros de Narciso Corral.

DOMINGO DE CORREDOIRO (12 DE FEBREIRO DE 2012)

Concentración de cigarróns na praza do Concello a partir das 11:30 horas. Con posterioridade, saúdo aos fregueses á saída das igrexas Parroquial e RR.PP. Mercedarios.
Nas prazas Maior e García Barbón, a música a cargo da charanga Támega e da orquestra Marbella

XOVES DE COMADRES (16 DE FEBREIRO DE 2012)
A partir das 11:15 horas, Desfile Infantil de Entroido, no que os máis pequenos e pequenas do Punto de Atención á Infancia do Concello de Riós, CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós, Gardería Pinocho, CEIP Amaro Refojo, CEIP Castrelo do Val, centros educativos de Chaves (Portugal), Colexio María Inmaculada, tomarán as rúas de Verín. Devandito desfile estará amenizado pola Banda de Gaitas do Concello de Verín e as charangas Madialeva, Vakapinta, CBD e Támega -que tamén actuarán durante a xornada pola localidade-, e partirá do entroncamento da Canella Cega coa estrada de Cabreiroá. Tras percorrer as rúas Deputación, Luis Espada e Lisa, o mesmo finalizará nas prazas García Barbón e Maior.

Pola noite, as comadres encherán todos os restaurantes de vila, acompañadas da música de charangas. A media noite, no Barrio de San Lázaro, a Raíña do Entroido recibirá a comitiva de Don Carnal, que descenderá polo Camiño Real acompañado da Banda de Gaitas do Concello de Verín. Centenares de mulleres, e moitos homes disfrazados de damas, percorrerán desde San Lázaro até as prazas Maior García Barbón, polas rúas San Lázaro, Luis Espada e Maior, onde o locutor de Cadena 100, Vidal López, caldeará o ambiente.

Despois do saúdo da Raíña e Don Carnal, terá lugar a lectura do pregón a cargo de (???????). A música, luces e o son das chocas dos cigarróns recordaranlle aos presentes que o Entroido 2012 chega con paso firme. Un ano máis, ¡VIVA O ENTROIDO! ¡VIVA VERÍN!. A orquestra Paris de Noia porá o broche á noite máis “feminina” do Entroido verinense.

VENRES DE COMPADREO (17 DE FEBREIRO DE 2012)

Como nos últimos anos, o Capuchón e a Mascarita serán os uniformes oficiais que portarán os asistentes á festa. Ás 18 horas terá lugar a saída dos Escuadróns de Capuchóns e Mascaritas para percorrer diversas rúas e prazas da vila, con paradas estratéxicas para mollar a gorxa e encher o bandullo. Irán acompañadas en todo momento de dous Carros do Compadreo e das charangas Garrafón e Támega; para no fin, rematar na praza de Edesio Fuentes cunha sesión de “tapeo” e queimada para os participantes, amenizada por Disco-Móvil Jorge. Pola noite, verbena popular nas prazas García Barbón e Maior co grupo La Oca.

SÁBADO DE ENTROIDO (18 DE FEBREIRO DE 2012)

A partir das 17 horas, na Praza do Cigarrón, terá lugar un acto solemne no que novos cigarróns serán vestidos, con todas as honras, acompañados da Raína do Entroido. Animación a cargo de Disco-Móvil Jorge. As charangas Támega e Xente Nova encargaranse porán a banda sonora por todas as rúas da vila durante toda a xornada, que culminará coa actuación da orquestra Costa Oeste e grupo Metrópolis

DOMINGO DE ENTROIDO (19 DE FEBREIRO DE 2012)

Día grande do Entroido. Pola mañá, unha descarga de foguetes despertará a todos os entroideiros, seguida da concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns ás 12 horas no Barrio de San Roque para o gran Desfile de Entroido que comezará a partir das 12:30 horas. A Banda de Gaitas do Concello de Verín e as charangas Mekanica, Xente Nova, Támega e CBD serán as encargadas de acompañar o desfile, percorrendo as rúas Luis Espada, Alameda e as prazas da Alameda e García Barbón. Na sesión vespertina e nocturna, continuará a animación musical polas rúas da vila a cargo de charangas e; nas prazas Maior e García Barbón, actuarán a orquestra Cinema e grupo Garibaldi.
AMIGOS E AMIGAS QUE A FESTA NON PARE!

LUNS FARELEIRO (20 DE FEBREIRO DE 2012)

A música das charangas Vakapinta e Madialeva recordará aos sobreviventes que o Entroido aínda non acabou. A partir das 16.30 horas, xogos infantís e inchábeis no Pavillón dos Deportes, onde os máis pequenos, que serán os protagonistas, deben ir disfrazados. Seguindo a tradición, DÍA DA FARELADA, animada pola charanga Madialeva e Disco-Móvil Jorge. A partir das 19 horas, merenda popular, baile e verbena popular nas prazas García Barbón e Maior coas orquestras Pontevedra e Limón.

MARTES DE ENTROIDO (21 DE FEBREIRO DE 2012)

Ás 16 horas, concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns no Barrio de San Roque, para media hora máis tarde, dar comezo ao Gran Desfile, que realizará o mesmo percorrido que o domingo. Todo iso amenizado polas charangas Garrafón, Mekanica, Madialeva, Troulada, que actuarán durante o día, e a Banda de Gaitas do Concello de Verín. A festa continuará, a modo de despedida, e ata que o corpo aguante, nas prazas Maior e García Barbón coa actuación das orquestras Triunfo e Millenium.