sábado, 18 de febrero de 2012

Entroido Allariz 2012

Programa Entroido Allariz 2012

Carnaval Allariz entre el 20 y el 22 de febrero.

Luns 20 de febreiro, ás 16:45h o grupo de batucada da Casa da Mocidade abre a programación cun pasarrúas. Ás 17:00h a Praza de Abastos acolle a Festa Infantil. Haberá animación para os cativos e xogos do ciclo de entroido: fareleiro, oleiro, compadres, corredoiro, comadres e piñata.

Para os máis maiores, a Asociación Xan de Arzúa organiza a Cachuchada a partir das 21:00h no Campo da Barreira.

O martes, as comparsas desfilan, acompañadas pola charanga Apeles o grupo de batucada da Casa da Mocidade, a partir das 17:30h dende a Estrada de Xunqueira ata a Praza de Abastos, onde ó seu remate, haberá baile de entroido a cargo dun DJ.

Para despedir o Entroido, o mércores terá lugar o Pranto de Entroido. A saída será ás 20:00h dende a Praza Maior e a queima do meco realizarase no Campo dos Brancos.