viernes, 24 de febrero de 2012

Entroido en Ocio Aventura en FIMO Ferrol 2012


FIMO PREPARA A SÚA GRAN FESTA DE ENTROIDO PARA O DOMINGO

Ocio Aventura terá agasallos para todos os nenos que acudan disfrazados e premios para os tres mellores disfraces infantís Ocio Aventura, o salón do lecer para os pequenos, instalado no recinto feiral de Ferrol,
prepara para o vindeiro domingo, día 26, a gran festa do entroido con premios para os mellores disfraces infantís e con agasallos para cantos nenos acudan ao certame.

Será esta a última fin de semana que Ocio Aventura abra as súas portas ao público en FIMO e quere despedirse o domingo por todo o alto cunha celebración de Entroido na que ás atraccións xa habituais do certame sumarase un DJ con música para os pequenos, animadores e un concurso de disfraces nos que os nenos e nenas que concurran optarán a tres grandes premios. Ademáis, os pequenos que presenten a súa entrada ao chegar o domingo día 26 a esta festa de entroido, recibirán un agasallo, somentes por acudir ao certame.

Tanto sábado como domingo, os rapaces e adolescentes de Ferrol e a súa área de influencia poderán seguir disfrutando de todas as actividades que inclúe este salón de lecer:
pista americana, rocódromo, tirolina, “tirachinas”, as xa habituais atraccións de feira (pista de
coches de choque infantil e adultos, saltón, dragón, camas elásticas, etc.) o circuito de karts a
pedais, inchables, mini golf e servizos de cafetería e hamburguesería, pensados para dar un
completo servizo a nenos e maiores de xeito que non teñan que perder nen un solo minuto e
poidan disfrutar do seu tempo de lecer ao máximo.

O prezo da entrada mantense como ata agora: 5€ para os menores e 2€ para os
adultos que os acompañen.