lunes, 5 de marzo de 2012

Hotel Rústico en Cuntis

Hotel rústico en Cuntis

Hotel Rústico Fonteverde, situado no casco histórico da vila termal de Cuntis, ocupa unha casa construída na década de 1880. Foi rehabilitada conservando a fachada orixinal con galerías e unha boa parte de elementos da anterior estrutura. O mobiliario tradicional utilizado xunto coa funcionalidade das súas instalacións crean un ambiente moi acolledor. Pódese dicir que éste foi o obxectivo principal na rehabilitación do inmoble: ofrecer aos hóspedes un benestar e unha acollida que farán da súa estancia no Hotel Rústico Fonteverde unha razón para voltar a Cuntis.

O hotel conta con 8 habitacións: 4 dobres (unha delas especial), 2 de matrimonio (unha delas adaptada a persoas con mobilidade reducida) e 2 individuais.
Todas as habitacións dispoñen de cuarto de baño, teléfono e televisor.
Catro das habitacións teñen terraza privada e outras dúas compleméntanse cunha galería

Datos de contacto:

Hotel Rústico Fonteverde. 
Rúa Bernardo Sagasta, 15. Cuntis (Pontevedra). 
Tel/Fax: +34 986 548 488. 
E-mail:    info@hotelfonteverde.com


Situado a 28 Km de Santiago de Compostela e a 18 de Vilagarcía de Arousa. Unha situación privilexiada para achegarse á Capital de Galicia, Patrimonio da Humanidade ou á Ría de Arousa. Interior e costa a 25 minutos. 


Hotel Rústico Fonteverde é un lugar idóneo para relaxar, nunha vila na que se pode disfrutar das súas augas termais, do seu casco histórico e das paisaxes polas diferentes rotas de sendeirismo.

Cuntis está situado a 28 quilómetros de Santiago de Compostela e a 26 de Pontevedra. A proximidade da costa, a tan só 18 quilómetros, permite facer diferentes percorridos polas praias de Rianxo, Vilagarcía de Arousa, etc. Unha situación privilexiada para achegarse á capital de Galicia e Patrimonio da Humanidade así como ás Rías Baixas.

Nas cercanías de Cuntis, a 7 Km. está a vila de Caldas de Reis. Esta vila é a penúltima etapa dos peregrinos que tomano Camiño Portugués para chegar a Santiago de Compostela. Cuntis ofrece unha variante deste camiño


Servizos 
O establecemento ofrece aloxamento e almorzo. Para xantar e cear recomendamos calquera dos restaurantes próximos ao hotel.
Outros espazos a disposición dos nosos hóspedes son: un amplo salón social con cheminea, unha sala-biblioteca, unha sala de almorzos, un patio semi-cuberto, unha terraza común e un agradable xardín que invita a disfrutar do aire libre con vistas ao río Gallo.
Na planta baixa pódese acceder gratuitamente ao servizo WIFI así como ao uso dun computador. 
Dado que somos establecemento colaborador do Balneario Termas de Cuntis, podemos ofrecer tratamentos especiais aos nosos hóspedes ademáis dun 10% de desconto nas tarifas que figuran no catálogo xeral do Balneario.