domingo, 18 de marzo de 2012

Museo do Faro, Camariñas

Museo do Faro de Cabo Vilán en Camariñas


CENTRO DE INTERPRETACION DOS NAUFRAXIOS, FAROS E SINAIS MARITIMAS

Horario

De luns a domingo: 11:00 a 14:00 e 15:30 a 19:00

Prezo entrada: Entrada gratuíta.

Enderezo : Faro Cabo Vilán de Camariñas

Teléfono de contacto
687 521 167 e 678 621 062

Centro de Interpretación xestionado pola Asociación Neria da Costa da Morte e cofinanciado pola Deputación da Coruña.

O centro situado no faro Vilán divulga información da historia dos naufraxios e dos faros da Costa da Morte, a través de proxeccións en vídeo, pezas reais, fotografías e paneis con visores, para finalizar cunha simulación dun recorrido polo interior da torre do faro.

Os contidos temáticos desenvólvense en sete seccións: A forza da natureza, Costa da morte: mito e realidade, Mar e naufraxios, Tipoloxías dos faros, Evolución dos faros, Os faros na Costa da Morte e O faro Vilán.