jueves, 22 de marzo de 2012

Programa Salón automóvil Ourense 2012


A segunda edición do Salón do Automóbil “Ourensemotor 2012” celebrarase esta fin de semana en Expourense contando coa participación da práctica totalidade dos concesionarios da provincia de Ourense que presentarán os últimos modelos de 30 marcas de vehículos que ocuparán máis de 10.000 metros cadrados de exposición. Trátase dunha iniciativa da empresa Organización Feiral Galega que elixiu as instalacións de Expourense para organizar este salón específico sobre o automóbil que abrirá as súas portas mañá venres ás 11.00 horas.

As marcas presentes son: Seat, Audi, Volkswagen, Hyundai, Skoda, Volvo, Saab, Porsche, Ferrari, Maserati, Mitsubishi, Suzuki, Honda, Mercedes, Dacia, Nissan, Subaru, Isuzu, BMW, Kia, Fiat, Alfa Romeo, Sang-yong, Mazda, Rieju e Peugeot Motorcycles. Incorpóranse nesta edición Opel e Citroen. Ademais das marcas de condución sen carnet Grecav e JDM. Ademais, os concesionarios ofrecerán a posibilidade de probar determinados modelos que estarán ubicados á saída do recinto feiral.

A marca Renault, acudirá presentando os seus coches eléctricos, unha das novidades desta edición e Nissan e Iveco presentarán a súa nova gama de furgonetas e vehículos de transporte lixeiro. O espazo comercial complementarase cun área de lecer orientada aos máis pequenos e que inclúe scalextric e minigolf.

O horario de apertura do salón será o venres 3, sábado 4 e domingo 5 de xuño, de 11.00 a 21.00 horas de xeito ininterrompido. A entrada terá un custo de 3 euros.