domingo, 1 de abril de 2012

Actividades en Cambados CoolTural


Cambados Cooltural 2012

ACTIVIDADES DE APOIO Á ENTIDADE SOCIAL “ASOCIACIÓN CAMBADESA POR DEREITO”:


2 de abril (luns) 
11.00 h. Celebraremos o Día Internacional dos Libros Infantís e do Autismo, coa participación na Biblioteca de integrantes da As. Por Dereito, para a inclusión de persoas co síndrome de Asperger. Haberá contacontos e cancións e ademais realizarase un Bookcrossing que levará por título “Le e libera!” (Trátase de sacar libros á rúa para que quenes os atopen os lean e poidan volver a liberalos para que cheguen a canta máis xente sexa posible)
21.00 h. Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, o Concello de Cambados, en colaboración coa As. Por Dereito, iluminará en azul A Naiciña de Asorey (na praza de Asorey), uníndose así ao movemento mundial “Light it up Blue”, lerase un manifiesto e vaino facer un mozo de Por Dereito que marcha este ano para a Universidade. Ademais contaremos coa actuación do Coro Infantil e Xuvenil Municipal e para finalizar repartirase entre todos os asistentes chocolate e rosca.


Ademáis aproveitamos para adiantar que o 28 de abril (sábado) teremos ás
16.30 h. No Pazo de Torrado Festa da Asociación Por Dereito de Cambados (en caso de choiva pasarase ao Salón de Peña). Haberá obradoiros de globoflexia e maquillaxe, inchables e maxia!

ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN NAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA:

2, 3 e 4 de abril (luns martes e mércores) 
11.00-13.00 h. Con motivo das vacacións de Semana Santa nos coles, Actividades e Xogos polas mañás na Biblioteca Casa dos Fraga e Centros Culturais das Parroquias. Inscrición previa.



CONTACONTOS NA BIBLIOTECA CASA DOS FRAGA (5 sesións entre abril e maio)


19 de abril (xoves) 
18.00 h. “Contacontos de libros contentos” de Títeres Cachirulo.


23 de abril (luns) 
18.00 h. Sesión de contacontos para celebrar o Día do Libro da man de Raquel Queizás que virá a amosarnos as “Historias da Maletra”


4 de maio (venres) 
18.00 h. Divertida sesión de contacontos de Raquel Queizás “Libros Agochados”.


11 de maio (venres) 
18.00 h. Visitaranos o contador de historias Pablísimo e daranos a coñecer os “Contos con cornos” nos que descubriremos contos con cornamenta de vacas, touros, cabuxas, carneiros...


24 de maio (xoves) Día dos Parques Naturais 
18.00 h Eco-contacontos “O Aviador” de Gonçalo Guerrero



ACTIVIDADES EN COLABORACIÓN COA XUNTA DE GALICIA

31 de marzo (sábado)
17.30 h. No Salón de Peña Obradoiro de hip-hop para xóvenes “Títerehop” organizado pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Para xóvenes a partir de 13 anos.


13 de abril (venres)
18.00 h. Na Biblioteca, Obradoiro expreso de Banda Deseñada (cómic) da man do debuxante Gochi a través do porgrama Letras Vivas da Xunta de Galicia. Duración aproximada de 3 horas. Inscrición previa para rapaces entre 12 e 16 anos. Prazas limitadas (10-12 asistentes).


22 de abril (domingo) 
19.30 h. No Auditorio e en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística Espectáculo de animación con area “O Señor das Dunas”. Vén coñecer ao vello náufrago contador de historias e ao seu discípulo que as ilustra con area. De balde, ata completar aforamento.



FESTAS E CELEBRACIÓNS

5,6,7, e 8 de abril: Semana Santa en Cambados

29 de abril (domingo) Día Internacional da Danza e Festa dos Maios 
17.30 h. No pazo de Torrado actuarán os grupos cambadeses Volandeira, Xironsa, Con de Xido e Os Carballeiras, e realizarase un Maio. (En caso de choiva, farase no Salón de Peña)


6 de maio (martes) 
A partir das 11.00 h. na Praza de Fefiñáns XXI Festa da bicicleta. “Únete a Volta”


8 de maio (martes) Día Mundial da Cruz Vermella 
18.00 h. Celebración do día desta importante institución coa visita de voluntarios á biblioteca ás para darnos acoñecer o seu traballo a través de xogos e obradoiros. Inscrición previa.


17 de maio (xoves) Día das Letras Galegas .
12.30 h. No Auditorio “Concerto das Letras Galegas” a cargo da Banda de Música de Castrelo


10 de xuño (domingo) 
11.00 h. Na Praza de Fefiñáns, IV Carreira Popular de Cambados.


20 de maio (domingo) 
18.00 h. En Torrado XX Festival de Baile Rexional Con de Xido. En caso de choiva trasladarase ao Salón J. Peña.

ACTIVIDADES FORMATIVAS NA MERCED

-Durante abril e maio, Curso de iniciación á informática. 
-O 2 de abril, Curso de Manipulador de Alimentos. 
-5 de maio (sábado), Taller sobre a implicación emocional na acción voluntaria.

EXPOSICIÓNS EN TORRADO

13 de abril (venres)
20.00 h. Inauguración da exposición fotográfica “Anxo Rial. Luces do Mundo”. Cedida polo Museo de Ponntevedra grazas a um convenio coa Deputación Provincial de Pontevedra.


4 de maio (venres) 
20.00 h. Inauguración da Exposición “Artefacto Salnés 2012: do Encadre ao cadro”, proxecto artístico do IES Cabanillas e artistas plásticos do Salnés en colaboración co Concello de Cambados.


1 de xuño (venres)
20.00 h. Inauguración da IIIª mostra de arte contemporanea “Proxectos para un espazo”, a cargo da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (U. Vigo), con obras de Fernando Casás, Juan Fernando de Laiglesia e Manuel R. Moldes. Aberta ao público de martes a sábado de 17.00 a 20.00 e os domingos de 11.00 a 14.00.

XORNADAS NO SALON DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS J. PEÑA

13 e 14 de abril 
No Salón de J. Peña Xornadas de Cooperación Transfronteriza, organizadas pola Universidade de Vigo.
3 de xuño (domingo) 
20.00 h. En Peña “Hai Pod” Actuación dos monologuistas Pepo Suevos, David Amor e Oswaldo Digón. Custo da entrada: 10€ anticipada (pode adquirirse na oficina de turismo) e 12€ en taquilla

ACTIVIDADES NO AUDITORIO
(SEGUIMOS COAS ACTIVIDADES ESPECIAIS PARA BEBÉS)

15 de abril (domingo)
18.00 h. Representación de “Zapatos” da man de Caramuxo Teatro. Para bebés de 1 a 4 anos e familias. Entrada 3€.

(E ADEMAIS)

20 e 21 de abril (venres e sábado) 
Festival Internacional de Curtas de Nortcultura.


25 de maio (venres)
Xornada “A gobernanza do mar. Reflexións dende Galicia sobre a reforma da política pesqueira común” organizado pola Universidade de Vigo


26 de maio (sábado)
Reunión da Sociedade Galega de Anestesioloxía, Reanimación e dor. “O parto, novas perspectivas en anestesia obstrética”


30 de xuño (sábado) 
21.00 h. No Auditorio Concerto a cargo da Banda de Música de Castrelo “Contos e lendas”



ACTIVIDADES CONXUNTAS COA SOCIEDADE CULTURAL

5 de maio (sábado)
19.00 h. Na Cultural concerto a cargo do cantaor Antonio Miniño co sue espectáculo “Quédate con la copla”. De balde ata completar aforamento.
Estase pechando tamén unha Exposición de bonsais e unha exposición de maquetas de barcos artesanais.
ACTIVIDADES FORMATIVAS, PROMOCIONAS E PROFESONAIS COA PARTE DESTINADA A “PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DO DESTINO” A TRAVES DO FOMIT.