martes, 24 de abril de 2012

Noite de Fiadeiro Ramirás 2012

Un ano máis chega a Noite de Fiadeiro polo derradeiro Sábado de Abril, organizada polo Colectivo Rebulir, co Patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense e da La Caixa; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.

Neste 2012 cúmprese a VI edición da festa, que nacía no 2007 coa intención de recuperar a esencia dos Antigos Fiadeiros da Comarca,aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar. Deste xeito, o vindeiro 28 de Abril a cita está no pobo de Vilavidal no Concello de Ramirás. 

Durante toda a Xornada haberá actividades dirixidas a todos os públicos, para chegar as 21:00 h. co prato forte, o Fiadeiro propiamente dito, coa participación de mais de 20 colectivos chegados de diferentes puntos da xeografía galega que porán a música. 

Previamente, a oferta é variada con unha mostra de produtos artesáns con máis de 30 postos; animación, teatro, xogos, obradoiros, exposicións, xigantes e cabezudos… 

A principal novidade desta edición é o cambio de ubicación, pasando de ser na Praza de San Andrés, a ser na explanada da parte alta do Pobo; un lugar máis amplo e con máis comodidades. 

Para poder consultar toda a información relativa a esta celebración temos habilitada a páxina web www.noitedefiadeiro.com

Queremos recordar unha vez máis que non se trata dun festival ou mostra de músicatradicional ou folclórica, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica. Deste xeito, procúrase que se poda bailar, tocar, cantar, ou simplemente disfrutar do ambiente da noite