jueves, 19 de abril de 2012

Pinchos y tapas en Redondela

Ruta de Pinchos en Redondela del 27 de abril al 5 de mayo

A Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha una Ruta de Pichos con sabor choqueiro.

O 50% dos pinchos que se poderán degustar nesta ruta gastronómica teñen como protagonista o produto estrela de localidade: o choco.


Empresarios do sector hostaleiro asociados á Asociación de Empresarios de Redondela poñen en marcha a Iª edición da Ruta Gastronómica do Pincho de Redondela entre o 27 de abril e o 5 de maio.

Na antesala da celebración da Festa do Choco catorce establecementos ofrecen aos seus clientes unha selección de Pinchos nos que o Choco é protagonista indiscutible.

O Choco de Redondela, distinguido con un marca de calidade propia, ten en Redondela un gusto e sabor único grazas a riqueza e tranquilidade das augas da Enseada de San Simón onde os mariñeiros da vila o capturan de forma tradicional.

Durante esta semana gastronómica poderemos degustar pinchos como: Champiñon recheo con salpicón de choco, chourizo de choco, cesto de chos con crocante de porro, Cogumelo de Choco ou croquetas de choco con zamburiñas, entre outros.

Os clientes que gusten deste pinchos elaborados poderán puntualos e participar no sorteo de premios como unha fin de semana en un Parador Nacional de Turismo ou lotes de produtos da Adega Zuazo Gastón.
Nos establecementos participantes os clientes poderán recoller as súas tarxetas de participación para puntuar os pinchos e se completan rutas de ao menos oito establecementos participarán no sorteo de premios. Cantas máis tarxetas válidas máis posibilidades de gañar.
Cada establecemento contará cunha urna na que depositar as tarxetas de participación.
Os establecementos cos pinchos máis votados tamén terán premio e diplomas acreditativos como pincho gañador, establecéndose unha categoría especial de pincho choqueiro