martes, 15 de mayo de 2012

Día internacional museos 2012

Día Internacional dos Museos 2012

Repaso a la programación Ourense co lema “Museos nun mundo cambiante. Novos retos, novas inspiracións” o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense propón a seguinte programación:
· CHARLA DIDÁCTICA sobre TRES PERSPECTIVAS DA COMUNICACIÓN NO PASADO

Mércores día 16 ás 12,30 h. Sala de exposicións de San Francisco

Con esta actividade queremos amosar tres xeitos de comunicación doutros momentos históricos que contrastan co contexto do século XXI, pero que tamén explican e aportan unha orixe á nosa forma de relacionarnos. Falarase do comercio no Mundo antigo, a forma da imaxe na escultura románica e a comunicación escrita a través de selos e documentos.

No contexto actual, onde as novas tecnoloxías é o modo de comunicarse mudan constantemente, os museos procuran facerse escoitar, non só gardando pasado senón poñendo en relación co presente. A charla irá complementada con diversas pezas dos fondos do Museo que reflictan as épocas e temáticas expostas anteriormente, así como fotografías e mapas que axuden a introducirse no contexto xeográfico e cultural.
· PRESENTACIÓN DA “PEZA DO MES”: CAMAFEO DAS BURGAS, coa utilización de novas tecnoloxías aplicadas á investigación e á presentación.

Venres día 18 ás 20 h. Sala de exposicións de San Francisco

A utilización do microscopio binocular e da luz de fibra óptica coa combinación do emprego da informática permitiron o recoñecemento de determinados procesos de fabricación, de gran importancia, desta interesante peza, que doutro xeito sería imposible de descubrir.

Por outra banda utilizase como apoio para a presentación unha reconstrucción virtual deste Camafeo das Burgas, empregando técnicas de animación e modelado 3D para recrear mediante combinación de imaxe de síntese e material fotográfico o proceso de fabricación da peza e explicar a súas peculiaridades. A aplicación desta tecnoloxía ao eido da arqueoloxía permite xerar material que pode ser empregado, tanto a nivel técnico e de investigación, como didáctico con fins divulgativos.
· VISITA GUIADA AO EDIFICIO E ÁS ESCAVACIÓNS DA PRAZA MAIOR.

O venres día 18 ás 12 h.

Co motivo deste día o Museo edita un marcapáxinas coa imaxe da Peza do mes e un lapiseiro como agasallo aos visitantes.