jueves, 24 de mayo de 2012

Participa en MexilonseTuits 2012


MAÑÁ, ÚLTIMO DÍA PARA PARTICIPAR NO #MEXILONSETUITS, QUE ESTA SEMANA RECIBIU A VISITA DE STABRI, O BONECO VIAXEIRO

José Manuel García, do programa da Radio Galega, Come e Fala, será o encargado da presentación do Festival, o 9 de xuño en Bueu

A organización do Festival ven de pechar os patrocinios e as actividades para ese día con visita ao Museo Massó e degustacións

Participa nosotros Turismo Galicia ya lo hacemos


O Festival Social Media de Galicia pecha mañá, venres 25 de maio, o prazo para participar nalgunha das dez categorías do #MexilOnseTuits, que se desenvolverá o vindeiro 9 de xuño en Bueu con máis dun cento de proxectos xa inscritos. A partir de entón o xurado comezará o traballo de avaliación, que revisarán e valorarán os proxectos presentados e determinarán cales son os tres proxectos que pasan á final e que serán publicados en breve na web festivalsocialmediadegalicia.com. Non será ata o día do Festival cando se coñezan os gañadores nun acto que estará conducido polo responsable do programa Come e Fala da Radio Galega, José Manuel García, programa que recibiu o XVI Premio Nacional de Periodismo Gastronómico " Alvaro Cunqueiro" en 2010. Mentres tanto, a maquinaria do #Mexilonsetuits non para e esta semana a organización recibiu a visita de Stabri, o boneco galego máis viaxeiro que xa ten visitado máis de 129 cidades en 21 países.

Durante estes días o responsables da organización tamén veñen de pechar as actividades que amenizarán a xornada. Da man da Asociación de Profesionales del Turismo de Galicia (Proturga), que serán os encargados de dar información sobre as actividades ese mesmo día do festival así como os emprazamentos onde se realizarán, o Festival ofrecerá actividades lúdicas e formativas como unha visita guiada dunha hora de duración ao Museo Massó de Bueu, un dos centros museísticos máis relevantes no eido mariñeiro polos seus fondos bibliográficos e etnográficos que recolle. Tamén están programados paseos en embarcacións tradicionais grazas á colaboración da Asociación Os Galos de Bueu, que leva adiante un gran traballo na posta en valor do patrimonio cultural da zona.

E é que desde a organización non poden estar máis satisfeitos coas colaboracións acadadas durante a posta en marcha do Festival Social Media de Galicia. Ademais da inestimable colaboración de Proturga, Museo Massó, Concello de Bueu ou Os Galos de Bueu, únense o patrocinio de empresas como as adegas Albamar, Martín Códax ou Paco&Lola, a Confradía de Pescadores de Bueu, que cede as súas instalaciones para a comida degustación de productos tradicionais galegos, ademais de ceder gran cantidade de pulpo que acompañará a "mejillonada" ou as empresas Conservas Artemar e Panadería Rogelio Iglesias, que presentarán en exclusiva para o festival un producto que elaborado de xeito conxunto. A eles únese tamén Hoteles Morrazo (http://www.hotelesmorrazo.com/), que ofrece xa na súa web a súa oferta de aloxamentos turísticos para os asistentes ao evento.

Visita de Stabri, un exemplo de iniciativa 2.0
A web do Festival tamén medra día a día, coa inclusión de entrevistas aos membros do xurado, que permiten coñecer un pouco mellor aos especialistas en social media que se encargarán de seleccionar os gañadores desta primeira edición. E mentres chega ese momento, a organización do Festival MexilOnseTuits non para e esta semana tivo o pracer de recibir a visita de Stabri, o boneco viaxeiro que percorre o mundo e que xa se convertiu nun habitual dos encontros do social media. Stabri estivo con algunhas empresas patrocinadoras de MexilOnsetuits, paseando polo Concello de Bueu e coñecendo as instalacións onde se celebrará a entrega de premios e a degustación de productos. Na súa páxina de facebook http://www.facebook.com/La.aventura.de.Stabri e no seu perfil de twitter @stabritour pódense ver os sitios que percorre e quen son os seus portadores.

Para participar como público o prazo segue estando aberto, pódense atopar toda a información na web no festival ou a través do enderezo electrónico mexilonsetuits@gmail.com. A entrada, ademais do acceso ao recinto onde se desenvolverá todo o evento, da dereito a degustación dos produtos propios da gastronomía galega e ao resto das actividades que completarán o Festival.  

1 comentario:

MexilOnseTuits dijo...

Boas, compañeiros!

de novo temos que darvos as grazas pola colaboración na difusión do primeiro festival Social Media de Galicia.
Aínda que o prazo de entrega de traballo xa rematou, agardamos contar convosco e con todos os amigos do mundo 2.0 galegos para compartir todos xuntos un día de encontros, celebracións e moitas sorpresas...vémonos o 9 de Xuño en Bueu!

Saúdos!