lunes, 2 de julio de 2012

Curso de verano igualdad oportunidades 2.0 Lalin

Curso de verán “NOVAS FRONTEIRAS NA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES 2.0: EDUCAR NA COMUNICACIÓN IGUALITARIA”, entre os días 17 e 20 de xullo de 2012 no Auditorio do Concello de Lalín. 

 Trátase dun curso cunha programación ambiciosa, na que se abordarán aspectos, contidos e problemáticas relacionados coa súa área de competencia, de gran interese no momento actual e moi relacionado en particular cos obxectivos da vosa entidade, e no que intervirán profesionais e destacadas expertas e expertos que traballan cara a igualdade de oportunidades, cun enfoque multidisciplinar e desde diferentes ámbitos de actuación relacionados coa comunicación e as TIC, de todo o territorio nacional, Universidades, Administración, Asociacións, Fundacións,... 

Nas sete edicións anteriores, contamos cunha matrícula que superou as 650 persoas matriculadas e 850 participantes, sendo ano tras ano, un dos cursos de verán con maior volume de matrícula de todos os ofertados pola USC e conseguindo avaliacións moi positivas. 

Secretaria Oficina de Igualdade do Concello de Lalín 
 Praza de Galicia, nº 1 36500 Lalín (Pontevedra) 
Telf.- 986.78.00.14 (Persoais) 661.18.17.25 
axentedeigualdade@lalin.org
igualdade@lalin.org