domingo, 22 de julio de 2012

Festival Bla Bla Bla Meiro Bueu 2012

Sensible Soccers, Guerrera, Lendrone, Salvation Army, Camarada Nimoy e República Disco Apocalipso Dj no Bla Bla Bla! Festival o sábado 11 de Agosto.


O festival Bla Bla Bla! organizado polo Bar Labraza terá a súa segunda edición o próximo sábado 11 de Agosto, na pista da Morada (Meiro – Bueu) a partir dás 22:00 horas.

Nesta edición o BlaBlaBla! contará coas bandas Sensible Soccers, Guerrera, Lendrone, Salvation Army , Camarada Nimoy e República Disco Apocalipso Dj.

Bla Bla Bla! presentase co propósito de dar continuidade a primeira edición do festival que se realizou en 2011, o cal presenta a bandas independentes e alternativas os festivais convencionais, tras o paso da maioría delas en directo polo Bar Labranza.

O festival é gratuíto con entrada de balde e prezos populares. A organización pide os asistentes a colaboración consumindo na barra do festival e mercando camisolas para poder financiar o evento.

O Bla Bla Bla! terá lugar na pista da “Morada”en Meiro – Bueu (Pontevedra) o próximo sábado 11 de Agosto a partir das 22:00 horas.

Para máis información sobre o festival e as bandas ou xestionar entrevistas non dubidedes en poñervos en contacto

Máis información en http://www.labranzameiro.blogspot.com.es/

1 comentario:

julianne cursos virtuales dijo...

Que buena fiesta!!! saludos cordiales a todos...