martes, 31 de julio de 2012

Programa fiesta albariño Cambados 2012


Programa LX FESTA DO VIÑO ALBARIÑO EN CAMBADOS

Mércores 1 de agosto

13.00h No Paseo da Calzada inauguración da LX Edición da Festa do Viño Albariño a cargo do Conselleiro do Medio Rural, o Presidente da Deputación de Pontevedra, o Delegado Territorial da Xunta e o Alcalde de Cambados.

13.00h e 21.00h No Paseo da Calzada percusión e ritmos na rúa a cargo de Omar Percussion Group.

22.00h Na Praza do Concello verbena popular coa actuación de Los Príncipes e M30.

23.00h Na Praza de Fefiñáns, Concertos do Albariño coa actuación do Artista Internacional JULIO IGLESIAS

Xoves 02 de agosto

Durante a mañá, na Casa de Cultura de Castrelo, comezo do Taller de Debuxo e Pintura, todos os xoves de agosto. Prezo 12€.

11.00-13.30h//18.00-20.30h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rias Baixas, no salón de Congresos e Exposicións José Peña. (15€/persoa)

13.00h e 21.00h No Paseo da Calzada percusión e ritmos na rúa a cargo de Omar Percussion Group.

22.00h Na Praza do Concello actuación das orquestras Internacional D´Tacón e Studio 21

22.30h Na Praza de Fefiñáns XV Gala do Albariño onde se fará entrega dos premios nos eidos de Cultura e Artes Plásticas, Empresarial, Deportes, Atención Social, Xornalismo e Comunicación Social.

23.00h Concertos do Albariño coa actuación de LA GUARDIA, SORAYA e o mítico MANOLO ESCOBAR.

Venres 03 de agosto


11-13.30h/18-20.30h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rias Baixas, no Salón de Congresos e Exposicións José Peña. (15€/persoa)

13:00h e 21:00h No paseo da Calzada percusión e ritmos na rúa a cargo de Omar Percussion Group.

16.30h No Museo Etnográfico e do Viño Xornadas Técnicas do Albariño. Participación de diferentes expertos no cultivo, elaboración e comercialización do viño.

16.45h. Oxíxeno e viño branco: inimigos íntimos. José Manuel Álvarez. Licenciado Ciencias Químicas. Departamento de Investigación Aplicada AEB Ibérica- AEB-Group.

17.45h. Resultados da selección clonal do cultivar Albariño. María José Graña Caneiro Enxeñeiro Agrónomo Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia.

18.45h. O Albariño e os liñaxes galegos da vide. Emilia Díaz Losada-Dra Bioloxía. Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. Santiago Pereira Lorenzo-Enxeñeiro Agrónomo Catedrático da USC (Escola Politécnica Superior Campus Lugo)

19:30 Clausura

22.00h Na Praza do Concello verbena popular coa actuación das orquestras Yuckatán e Kamelot.

23.00h Na Praza de Fefiñáns, Concertos do Albariño coa actuación en directo de BLACK STONES e MACACO

Sábado 04 de agosto

LX FESTA DO VIÑO ALBARIÑO

Alborada a cargo de grupos de gaitas.

11.00h No Parador de Turismo Cata Prima.

11.00-13.30h//18.00-20.30h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rias Baixas, no Salón de Congresos e Exposicións José Peña. (15€/persoa)

13.15h No Pazo de Torrado solemne acto de irmanamento entre o Viño Albariño e o Viño de Ribera del Duero oficiado polos máximos representantes das confrarías de ambas as dúas institucións.

22.30h Na Praza do Concello verbena popular coa actuación das orquestras Venus e Cosmos

23.00h Na Praza de Fefiñáns Concertos do Albariño coa actuación de TURBOLASER e XOEL LÓPEZ

Domingo 05 de agosto

LX FESTA DO VIÑO ALBARIÑO

Alborada a cargo de grupos de gaitas
11.00h No Complexo Deportivo do Pombal, XXVI Campionato de Chave do Albariño.

11.15h No Parador de Turismo Cata Derradeira.

13.00h Na Casa do Concello recepción de Autoridades .

13.20h Saída do desfile do Capítulo Serenísimo do Albariño, das Confrarías e das Autoridades cara a Fefiñáns acompañados dos grupos folclóricos de Cambados de Investidura das Damas, Cabaleiros do Albariño, no que se fará entrega das distincións e nomeamentos de Xóvenes Albariñenses, Albariñenses de Honra e Follas de Prata.

14.30h Xantar do Albariño coa lectura do Pregón, apertura polo Sr. Notario do sobre que contén os nomes dos viños premiados na LX Festa do Albariño e actuación dos Danzantes de Cobas e os Carballeiras.

20.30h Na Praza de Fefiñáns O ALBARIÑO DOS MÁIS PEQUENIÑOS CO MUSICAL “EL LIBRO DE LOS CUENTOS”. Musical infantil baseado en 12 contos clásicos con letra e música orixinal: La sirenita, El Patito Feo, El flautista de Hamelim, Blancanieves, Pinocho, Caperucita Roja, El Gato con Botas….

22.00h Na Praza do Concello verbena popular coa actuación da Orquestra Estrellas Azules.

24.00h No peirao de Cambados, Gran Espectáculo Pirotécnico como colofón da LX Festa do
Viño Albariño