viernes, 10 de agosto de 2012

Concierto Raphael en Vilagarcía 2012

Raphael ofrecerá en Vilagarcía, en San Roque 2012, o seu único concerto en Galicia

O cantante Raphael protagonizará o principal concerto dos previstos na programación de San Roque 2012.

Será en Fexdega, o martes 14, ás 22,30 horas e será de pago: 20 euros en cadeira e 15 de pé.

Despois de analizar multitude de propostas para os concertos de San Roque, e tendo en conta a situación económica actual, o goberno local decantouse por Raphael por tratarse dun concerto de gran calidade, único en Galicia durante o verán, e no que o promotor será o que asuma o principal risco, pois o Concello só terá que encargarse da producción, pero non do “caché” do artista. Na negociación conseguiuse, ademais, que os prezos das entradas estean por debaixo do que normalmente están na xira de Raphael por España; unha xira que se está saldando cun gran éxito de público e crítica.