viernes, 31 de agosto de 2012

Feira do doce Allariz 2012

Feira do doce Allariz 2012

Este domingo día 2 de setembro, celébrase a edición número dezasete da Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz, cuxo obxectivo é a promoción dos produtos con denominación de orixe de Allariz, amendoados, améndoas de pico, melindres, torta real e licor, como a doutros produtos reposteiros típicos doutras localidades galegas e estatais.
O programa comezará o seu desenvolvemento ás 10:00h coa apertura da feira que se prolongará de xeito ininterrompido ata as 21:00h.Entre os evetnos previstos destaca a celebración do II Concurso Amateur de Respostería, ás 11:30h e o Obradoiro de repostería para nenos e nenas, ás 18:30h.
No encontro participarán cinco reposteiros locais que compartirán espazo, no Paseo da Alameda de Allariz, con outras reposterías e adegas convidadas chegadas dende León, Melide, Cantabria, Mondoñedo, Guitiriz, Cabanas, Astorga e Pobra de Trives.
Ó longo da xornada os visitantes poderán degustar doces e licores nos postos de venda.

II Concurso Amateur de Repostería

O concurso amateur de repostería, que xa vai pola súa segunda edición, comezará ás 11:30h. O único requisito para participar é a preparación dunha sobremesa que teña como ingrediente principal o chocolate. Haberá premios de 200, 100 e 50€, para os tres primeiros clasificados, que se deberán investir no comercio local.
Para participar é preciso inscribirse no Centro de Promoción Económica de Allariz, no teléfono 988 442 210 , ou a través do email participa@allariz.com .