sábado, 11 de agosto de 2012

Programa fiestas Monforte de Lemos 2012

PROGRAMA DE FESTAS Monforte de Lemos 2012

Fiestas de Monforte de Lemos del sábado 11 al jueves 16 de agosto



Sábado 11
As festas comezan ás 20.30 horas coa lectura do pregón por cantante e música monfortina Rosa Cedrón.
Ás 21 h farase o lanzamento do foguete desde o Campo de Santo Antonio e inaugurarase a iluminación artística.
O Grupo Gramola, da Asociación Cultural Gramola, ofrecerá na praza de España un concerto con pezas musicais dos anos 60 e 70 a partir das 23 h.


Domingo 12
A xornada dominical comeza con xogos infantís, ás 11 h, no parque dos Condes, e desde as 11.30 h grupos de gaiteiros percorrerán as rúa para xuntarse ás 13 h na rúa Cardeal cos Cabezudos.
A partir das 12.30 h a Charanga Unión Monfortina fará un pasarrúas até ás 14.30 h e fará un segundo pase das 20 ás 22 h.
Dous espectáculos de maxia para nenos e nenas (ás 19 h na Casa da Cultura) e maiores, na praza de España ás 23 h completan a oferta xunto coa verbena da Orquestra Poceiro ás 23 h na praza da Compañía.


Luns 13
De 11 a 13 h segunda edición de xogos infantís a cargo dos monitores da Cruz Vermella no parque dos Condes.
Desde as 11.30 h grupos de gaiteiros tocarán alboradas e ás 12.30 h pasarrúas da Charanga Unión Monfortina até as 14.30 h, que volverá percorrer as rúas entre as 20 e 22 h
Ás 20 h o programa lúdico infantíl achega no parque dos Condes a obra teatral Kasi Circo de Teatro Monart.
Ás 21 h haberá festa-baile para os maiores co dúo musical Bandoneón na praza de España.
A música continúa ás 23 h coa verbena a cargo da orquestra Los Trovadores na praza da Compañía.


Martes 14
Os xogos infantís ocupan a media mañá, entre as 11 e ás 13 h, no parque dos Condes.
Ás 11.30 h grupos de gaiteiros sairán da praza de España tocando alboradas polas rúas da cidade.
Ás 12 horas será a quenda da Banda de Música do Concello de Monforte que inicia un pasarrúas na praza de España.
A Asociación Sociocultural e do Tempo Libre Trasnadas organiza a Xincana das enerxías sustentables e do cooperativismo ás 20 h na praza de España.
A praza de España acolle a partir das 23 h o concerto da Banda de Música de Ortigueira e, a partir das 23 h, na praza da Compañía a verbena estará a cargo da orquestra Trébol.
A musica tradicional chega da man de Quempallou que actúa na praza da Compañía ás 00.30 h.


Mércores 15

O día comeza co lanzamento de bombas de palenque ás 9.30 h.
As 10 h celebraremos o día da Patroa na praza de Santo Antonio e ás 11 h terá lugar a tradicional misa e ofrenda floral á Virxe de Monserrat.
A Banda de Gaitas do Concello de Monforte ofrece un concerto na rúa do Cardenal ás 12.30 h como limiar dos actos do Día do Gaiteiro.
As 20 h haberá pasarrúas dos grupos participantes na Mostra de Danza e Música Tradicional desde o campo da Compañía até a praza de España, onde ás 20.30 h bota andar a Mostra.
Anxo Moure ofrécenos un espectáculo de titeres en bicicleta a partir das 23 h na praza de España.
A orquestra Israel na praza da Compañía faise cargo da verbena musical a partir das 23 h. Á mesma hora arranca no malecón do Cabe o percorrido de barcas tradicionais engalanadas.
Os fogos artificiais desde o monte de San Vicente serán o preludio do concerto que nos ofrecerá Rosa Cedrón na praza da Compañía a partir das 24 h.


Xoves 16
Comezan as actividades ás 11 co concurso de pintura no chan na rúa do Cardeal.
Os gaiteiros inician o seu pasarrúas para encontrarse ás 13 h cos Cabezudos.
Desde as 12,30 h a Charanga Unión Monfortina ofrece a súa música até as 14.30 h que terá un segundo pase a partir das 20 h.
Na tardiña, a partir das 19 h, desenvólvense obradoiros de cultura urbana (graffiti, turntablism e breakdance) a cargo do colectivo Vella Escola na rúa Cardeal.
Ás 20 h é a quenda do mago Tonino.
A Banda de Música do Concello de Monforte dará un concerto na praza de España desde as 23 h, momento no que Los Player's comezan a súa actuación na praza da Compañía.


Web oficial concello http://www.monfortedelemos.es/