viernes, 14 de septiembre de 2012

Enduro San Froilán 2012

I Enduro San Froilán en Lugo

Fechas: os días 15 e 16 de setembro organizado polo Motoclube Enduro Lucense coa colaboración do Concello.

A proba será valedeira para o Campionato galego desta especialidade e está prevista a participación de 65 pilotos chegados de toda Galicia, entre eles os mundialistas Aaron Bernárdez e Xacob Agra.

O I Enduro San Froilán comezará o sábado, día 15, coas verificacións administrativas e técnicas, que terán lugar no Pazo de Feiras e Congresos a partir das 16.00 horas.

O domingo, día 16, ás 9.30 horas comezará a carreira, que se desenvolverá por pistas e camiños do concello ata rematar ao redor das 14.30 coa chagada, de novo, ó recinto feiral.

Segundo explica a organización, o centro neurálxico da proba será nun circuíto preparado ó efecto ó lado da igrexa de Orbazai, onde os participantes farán cinco pasadas cronometradas.