lunes, 1 de octubre de 2012

Ruta pazos de Amoeiro

Camiñada dos Pazos de Amoeiro 2012
O domingo 7 de outubro terá lugar, como xa é costume nos últimos 5 anos, unha nova andaina do Concello de Amoeiro. Nesta ocasión denominarase "Camiñada dos Pazos de Amoeiro 2012", e consta de dous percorridos.
Un deles (Ruta I) estará volcado no ámbito lúdico-cultural, consta de 12 km, ten saída ás 10:30 horas do Parque dos Sentidos (Souto, Amoeiro) e transcorre ó carón de espazos con alto valor patrimonial, entre os que se inclúen o Pazo de Cornoces, a Igrexa de Cornoces, o Camiño de Santiago e os Pazos de Coto Martín (Bóveda) e San Damián (Abruciños); nesta ruta poderase disfrutar de actuacións musicais (jazz), explicacións sobre os monumentos (impartidas por tituladas en Xeografía e Historia) e deliciosos "petiscos" en San Damián; as persoas que participen neste percorrido retornarán dende San Damián ó punto de partida (Parque dos Sentidos).
Os participantes no segundo percorrido (Ruta II) comparten o lugar e a hora de saída en Amoeiro, pero en lugar de retornar ó punto de partida continúan dende San Damián cara a Fontefría e a dúas das maís fermosas rutas fluviais de Galicia: a do Formigueiro e o Camiño Natural do Barbantiño, na que se atopa a incomparable Fervenza do Cachón; así mesmo, tamén se gozará do paso por monumentos de tanta relevancia como o Pazo de Miranda (Parada) a Igrexa de Parada e o singular núcleo de O Formigueiro, no que existe un baixorelieve castrexo con figura ecuestre único en Galicia (no frontal da capela do devandito núcelo). Este percorrido consta, polo tanto, das rutas I (12 km) e II (14 km) cuxa lonxitude total é de 26 km, e remata -como a Ruta I- no mesmo lugar da saída (Parque dos Sentidos, Souto, Amoeiro).
As inscricións na camiñada están a dispor en dependencias municipais, bares do municipio, locais de deportes da cidade de Ourense e, por suposto, na propia saída no Parque dos Sentidos. O custe das mesmas, establecido polo Circuíto Galaico-Luso, será de 5 € para persoas empadroadas en Amoeiro e 8 € para o resto.
Haberá zonas de avituallamento con auga e froita durante os percorridos e o remate en Amoeiro, no que se entregarán bocadillos de xamón, queixo e salchichón e empanadas, así como auga, refrescos e cervexa.