Musical La Familia Addams en Vigo

Musical La Familia Addams en Vigo
Reserva tus entradas en Ataquilla.com

Concurso Pinchos Sabores de Outono Ourense 2012

Presentada la nueva edición de Sabores de Outono 2012

La mejor opción de ir de pinchos y tapas por Ourense

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, presentou esta mañá, unha nova edición do Concuso de pinchos "Sabores de Outono", que se celebrará na cidade dende o vindeiro luns, 19 de novembro, e ata o día 2 de decembro e que ten coma obxectivo convidar aos veciños e veciñas da cidade a descubrir e saborear a mellor gastronomía da cidade que arrisca e sorprende en pequenos bocados.
Esta edición, con 53 establecementos participantes (41 concursarán na dinámica de pinchos de Outono e otros 17 propoñen un menú específico con motivo do concurso), fronte aos 26 da edición anterior e que a converten na máis participativa e poñen en valor a importancia e calidade gastronómica de Ourense. Espetadas, tostas, filloas, risottos, montadiños, petiscos, caprichos, delicias e bocados de toda clase son os suxerentes nomes e presentacións coa que os establecementos nomean as súas creacións para esta nova edición do Concurso de Pinchos de Outono.
Como xa é traicional os establecementos participan coa elaboración e presentación única dun pincho, e o único requisito esixido é que na sua creación conteñan castañas ou cogumelos, productos representativos da gastronomía local nesta tempada. Ao remate da 5ª edición, o 2 de decembro, terá lugar a lectura do fallo do xurado e farase entrega dos premios. Haberá 3 categorías: xurado, prensa e popular.
Os outorgados polo xurado especializado, composto por 5 membros, personalidades recoñecidas no sector gastronómico, valorarán os pinchos e menús mási senlleiros e de maior calidade gastronómica. Outro dos premios será outorgado polos medios de comunicación que o escollerán tras unha degustación e o terceiro, e último, será o tradicional premio popular ao que están chamados a participar tódolos ourensáns. A iniciativa suscríbese no convenio co Instituto de Turismo de España (Turespaña) e é desenvolta polo Concello de Ourense a través da Concellería de Turísmo coa empresa de Turismo de Ourense S.A (Ourentur) e a Unión de Hosteleiros. É sen dúbida unha aposta pola cociña creativa e de calidade que reivindica a gastronomía ourensá coma unha característica específica da cidade e explora as posibilidades dunhas materias primas autóctonas e exquisitas.
O alcalde suliñou a iniciativa como "por en valor a nosa cidade como destino turístico e a necesidade de seguir sumando esforzos entre todos por ese interese común que é Ourense e a súa posta en valor como destino turístico e cidade dinámica que xenere riqueza e emprego".