martes, 27 de noviembre de 2012

Ruta do pincho en Neda

Ruta de pinchos y tapas en Neda

Unha decea de establecementos hosteleiros están a preparar a que será a segunda ruta do pincho da real vila de Neda, dando continuidade á celebrada con motivo da Festa do Pan baixo a denominación “Mellor… con pan de Neda”. A falla de concretar detalles, os organizadores avanzan que se celebrará no mes de decembro, entre os días 1 e 23, e coa vista posta no Nadal. De feito, os productos empregados na elaboración das propostas hosteleiras terán moi en conta esta época do ano. A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Neda, a través da Concellería de Promoción Turística que dirixe Montse Rico, á súa vez promotora da primeira edición.

Deste xeito e nestes locais, veciños e visitantes poderán saborear unha varieda-de de pinchos que constituirán á súa vez un novo reclamo para que os clientes se acheguen a estes establecementos. Neles, terán á súa disposición unhas tarxetas con casillas para cada un dos locais participantes. De cubrir a totalidade, entrarán a formar parte dun sorteo no que o principal agasallo será unha viaxe para dúas persoas e visita a unhas bodegas de recoñecido prestixio, onde poderán participar nunha cata. A isto sumarase a estancia de hotel. Así mesmo, os hosteleiros avanzan que o nome do gañador ou gañadora darase a coñecer no marco dun partido benéfico que prevé organizar a S.D. Neda no campo municipal.

Locais participantes: Mesón O Fumazo, O Lagar, Café-Bar A Pía, Pazo da Merced, O Carreiro Taberna, A Canteira, Mesón Tony, Bar Graña, Bar O Puntal, Bar Río e Café-Bar Hermida.