miércoles, 5 de diciembre de 2012

Campaña de Nadal 2012 en Culleredo

Actividades campaña Nadal 2012 en Culleredo

O Concello de Culleredo, xunto coa Asociación de Comerciantes de Culleredo, levarán a cabo unha ampla campaña de Nadal coas miras postas na dinamización tanto do sector comercial coma do hostaleiro. O alcalde, Julio Sacristán, acompañado do presidente dos comerciantes, Antonio Seoane, e da concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, presentou hoxe o programa de actos de cara ás vindeiras semanas.
“Dada a crise era necesario volcarnos ao máximo cos negocios locais”, afirmou o rexedor. Sacristán espera que a completa oferta municipal serva para converter os comercios e locais hostaleiros “nunha auténtica festa”.
O primeiro edil salientou as iniciativas para que os nenos estean atendidos mentres os seus proxenitores mercan nas rúas cullerdenses e as novidades para o sector gastronómico. Destacou o “importante esforzo” que esta campaña suporá para o Concello, cun investimento total de 67.000 euros, dos que soamente pouco máis de 1.000 proceden da Deputación da Coruña.
Marta Iglesias apuntou pola súa banda que este non se trata dun programa illado, senón que forma parte dun plan global de dinamización do comercio local. Resaltou a animación que reinará nas rúas do municipio e felicitou o traballo da asociación de comerciantes.
Antonio Seoane destacou a colaboración establecida co Concello para esta campaña chea de diversidade de actos. Anunciou o sorteo de lotes de compra, en vez de cestas, dada a situación de necesidade de moitas familias e sinalou que os comercios invitarán aos clientes a chocolate con churros.
A iluminación de Nadal acenderase o venres 7 de decembro ás 18.30 horas. Serán arcos de tecnoloxía LED, seguindo a liña de aforro enerxético do Concello.
Desde ese día, Papá Noel percorrerá de 18.00 a 2100 horas, ata o día 21, as rúas comerciais. Obradoiros de adornos, bisutería creativa, gastronomía, reciclaxe, agasallos, galletas, e torneos de videconsolas, competicións de baloncestos, parque de educación vial, e a tradicional cabalgata serán algunhas das iniciativas para dinamizar Culleredo
No sector hostaleiro, o Concello creará as chamadas Rutas Barítimas, unha en Vilaboa e outra no Burgo, quedando unha rural para o futuro. Os clientes poderán degustar unha tapa máis unha caña ou viño por 1,90 euros.