lunes, 31 de diciembre de 2012

Campanadas Fin de Año 2012 en TVG

Campanadas y programación especial de Fin de año 2012 na TVG

Xosé Ramón Gayoso e Silvia Jato conducirán unha velada musical que ofrecerá as actuacións de Carlos Núñez, Luar na Lubre, Leilía, a Orquestra Panorama, Melocos, Nancys Rubias, Los Chunguitos e Hugo Torreiro e Yhadira, entre outros

Poucos minutos antes da medianoite, o programa conectará en directo coa Praza do Obradoiro para seguir as badaladas da Berenguela en Santiago de Compostela

A despedida do ano é sempre un bo momento para facer balance das nosas vidas, para repasar o que xa obtivemos e ver o que nos queda pendente. E en moitas culturas hai unha curiosa tradición que consiste en que esa noite hai que tirar algo vello, algo que ocupa espazo e que xa non nos serve, e deixar así sitio para que entre algo novo.

No “Especial Fin de Ano” desta noite da TVG, os presentadores Xosé Ramón Gayoso e Silvia Jato disporán esta noite dunha enorme arca onde tanto eles coma os artistas irán depositando esas cousas vellas, as que xa non funcionan ou das que queremos desfacernos.

Os espectadores da Galega descubrirán o que botarán nela nomes como Carlos Núñez, Leilía, a Orquestra Panorama, Luar na Lubre, Wöyza, Pili Pampín, Hugo Torreiro e Yhadira, Melocos, Efecto Pasillo, Juan Magán, Nancys Rubias e Los Chunguitos, entre outros.

Deste xeito, a oferta musical do “Especial Fin de Ano” da Televisión de Galicia, que comezará ás 22.00 h e se estenderá durante preto de catro horas, mesturará grandes éxitos de 2012 cos dos anos 60, 70 e 80, resaltando así esa particular relación entre o vello e o novo que lle dá título ao programa. Sobre as 23.50 h, o espazo conectará en directo coa Praza do Obradoiro, desde onde por vez primeira a TVG retransmitirá as badaladas da torre da Berenguela. Xosé Ramón Gayoso saudará os espectadores desde a balconada do Pazo de Raxoi, onde tomará as uvas e lle dará a benvida ao ano 2013.

Deste xeito, a audiencia galega poderá seguir o ambiente na praza compostelá e a gran festa que na capital galega se organizou para recibir o novo ano.