martes, 4 de diciembre de 2012

Cociña de Mercado apoio mercados Pontevedra

“Rías Baixas, Territorio Gastronómico” Cociña de mercado



A Deputación de Pontevedra promociona os produtos frescos que se venden nos mercados coa colaboración dos cociñeiros do Grupo Nove e coa a Federación de Prazas de Abastos de Galicia.

Desenvolveranse Showcooking da man de recoñecidos restauradores pontevedreses en 8 mercados municipais.


Dentro do marco das actuacións “Rías Baixas, Territorio Gastronómico” 2012 a Deputación de Pontevedra pon en marcha Cociña de Mercado, unha iniciativa de apoio e promoción dos mercados municipais pontevedreses como lugares de referencia para a compra de produtos frescos e de primeira calidade.

Co obxectivo de captar novos clientes e amosarse atractivos como centros de venta para a xente nova, en colaboración coa DX de Comercio da Xunta de Galicia, a institución provincial levou a cabo entre os vendedores dos mercados un concurso de receitas elaboradas a base de produtos que se comercializan nos mercados municipais.

De tódalas receitas participantes, seleccionáronse 24 que están aloxadas, xunto coas aportadas polos cociñeiros do Grupo Nove, nos Tótems Interactivos colocados nos mercados de: Portonovo, O Grove, Caldas de Reis, Bueu, Porriño Ponteareas, Vilagarcía de Arousa e Redondela e tamén na web mercadosmunicipais.depo.es.

Estes Tótems véñense colocando desde o ano 2011 polas administracións autonómica e provincial en diferentes mercados municipais da provincia ofrecendo desde entón novos servizos ós clientes e modernizando un lugar de ventas tradicional.

Ofrecen ós clientes: información turística do concello no que se atopan, datos e información sobre os servizos que ofrece cada mercado e o máis novidoso, receitas de cociña que os clientes poderán imprimir e levarse no momento de facer a compra na praza.

A presentación dos novos Tótems (Vilagarcía de Arousa, Redondela e Ponteareas) e das receitas aportadas polos vendedores dos mercados, completaranse durante os vindeiros días cos Showcooking “Cociña de mercado” que levarán a cabo recoñecidos restauradores pontevedreses como:

  • Iñaki Bretal de Eirado da Leña (Pontevedra) - Mercado Municipal de Vilagarcía de Arousa
  • Yayo Daporta de Yayo Daporta (Cambados) Mercado Municipal de Portonovo
  • Pepe Solla de Casa Solla (Poio) Mercado Municipal de Bueu
  • Antonio Botana de Pandemonium (Cambados) Mercado Municipal de Redondela
  • Xosé Torres Cannas de Pepe Vieira Camiño da Serpe (Raxó) Mercado Municipal de Caldas de Reis
  • Javier Olleros de Culler de Pau (O Grove) Mercado Municipal de O Grove
  • Alberto González de Silabario (Tui) Mercado Municipal de Porriño
Restaurantes con Estrella

Resturantes reconocidos con la valorada distinción de una estrella Michelín:

Cocina de Autor

    • Resturante Eirado da Leña (Pontevedra)
    • Pandemonium (Cambados)

A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia apostan con estas iniciativas apoiar ós mercados municipais para que volvan a ser o centro de referencia do comercio das vilas da nosa provincia, o motor comercial e o lugar ao redor do que se articula o comercio local.