sábado, 29 de diciembre de 2012

Festas das Uvas Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía da a benvida ao 2013 e ao Centenario da cidade durante a Festa das Uvas

 
A Festa das Uvas deste ano contará cun atractivo engadido. O día 31 de decembro a mediodía, os vilagarciáns volverán a celebrar con doce horas de antelación a chegada do Aninovo tomando as tradicionais 12 uvas ao ritmo das badaladas do reloxo do Concello.
Pero nesta ocasión, o brindes final non será so para dar a benvida ao 2013, senón tamén para celebrar o inicio do Ano do Centenario da cidade tal e como hoxe a coñecemos. Para festexar esta efeméride, venderanse copas conmemorativas para quen desexe face-lo brindes en recipiente de vidro e levarse un recordo de tan sinalada data.