lunes, 17 de diciembre de 2012

Festival Rebulir baile tradicional 2012

Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional 2012
 
O acto principal terá lugar o Sábado 22 de decembro, as 19:00 h. cando os colectivos chegarán ao Polideportivo de O Picouto (Concello de Ramirás), sendo recibidos polo grupo anfitrión e as diferentes autoridades presentes.
Neste acto preténdese mostrar o mellor do folclore de cada unha das comunidades/países visitantes. Neste senso, contaremos con amigos chegados de:
- EBMT Rebulir (Ramirás)
- Grupo Pana Raiada (Santiago de Compostela)
- Colectivo Xeitu (León)
- Etnográfico de Vila Praia de Áncora (Portugal)
- Grupo de Danzas de Logroño (A Rioxa) - Ritmos y Costumbres (Perú)
 
Na madrugada do Domingo, o local “Oxígeno” de Celanova acollerá unha Foliada, onde os diferentes grupos animarán aos presentes coas súas músicas. Xuntos brindaremos cunha cuncade queimada pasada a media noite. Na Xornada do 23, as diferentes delegacións visitarán a cidade de Ourense e as súas termas para logo despedirse e dar clausura a esta séptima edición.
Así, Ramirás volverá a converterse un ano máis nun espazo de convivencia intercultural congrupos chegados de diferentes puntos e con intereses comúns. A directiva da Asociación Rebulirespera que disfrutedes deste Festival que serve de proxección do noso Concello, e que de por sí,é xa unha data no almanaque festivo dos ramirenses