domingo, 30 de diciembre de 2012

Parque infantil Nadal Vigo 2013

Parque Infantil de Nadal, do 2 ao 4 de xaneiro no Auditorio Mar de Vigo
 
Parque Infantil do Nadal de Vigo-PINVI terá lugar os días 2, 3 e 4 de xaneiro no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo; o parque contará con diversas actividades para distintas idades: inchables, espazo multiaventura, recuncho de multixogos, obradoiro de educación vial, a presenza do carteiro real e actuacións en directo do pallaso Popín, de monicreques e de Magos.
 
O horario do parque será de 10,30h a 14,00h e de 16,00h a 20,00h, agás o xoves 2 que será unicamente de mañá; as entradas poderán mercarse diariamente no despacho de billetes do auditorio de 10,00h a 13,00h e de 15,30h a 19,00h, a un prezo único de 1 € por sesión (ben de ma ñá, ou ben de tarde).
 
Accede al programa completo en : PINVI 2013