viernes, 21 de diciembre de 2012

Programacion actividades Nadal Ferrol 2012-2013

Algunas de las actividades previstas en la Programación Festas Nadal Ferrol 2012-2013

O programa das Festas de Nadal 2012 contén as seguintes actividades:
- Complexo de ocio Iceland, con pista de xeo e zona de xogos e actividades: na alameda do Cantón de Molíns do 21 de decembro ao 6 de xaneiro.

- Poboado de Belén. Mercado de Nadal: na praza de Amboage do 15 de decembro ao 7 de xaneiro. Con postos de artesanía, sorteo de cestas de nadal, talleres e animación infantil.

- Actuacións de orquestras: “Marbella” –día 21 de decembro-; “Palladium” –día 28 de decembro- e “Costa Oeste” –día 4 de xaneiro-.

- Concerto do grupo “Gospel Factory”: nas escalinatas do Pazo Municipal de Ferrol (praza de Armas) o día 29 de decembro, con espectáculo de luces sobre a fachada da Casa Consistorial.

- Animación nas rúas: Certame de Panxoliñas, os días 21, 22, 23, 26 e 27 de decembro. Ademais, os días 28 e 29 de decembro; e 2, 3 e 4 de xaneiro as rúas de Ferrol cambiarán os cánticos das corais pola actuación de 10 formacións de jazz, blues, tango, música de cámara, etc.