domingo, 30 de diciembre de 2012

Programación Navidad Fin de Año Porriño 2012

Hoxe domingo celebrarase o simulacro de Noitevella en Porriño pero durante todo o día haberá actividades para os máis pequenos, con tren chu chu, e encontro de corales e villancicos

O día de Ano Novo celebrarase a tradicional Mostra de Rondallas que alcanza a décima edición e o sábado 5 clausúrase a programación coa Cabalgata de Reis

A programación de Nadal organizado pola Concellería de Festexos do Concello de Porriño, que dirixe M. Alejandro Lorenzo, inclúe diversos actos para este domingo, o luns 31 e o martes 1 de xaneiro. Así, mañá celebrarase o xa anunciado simulacro de Noitevella pero antes, ao longo de todo o día haberá animación de rúa para os máis pequenos da casa, con tren chu chu polas rúas do casco urbano, actividades que se realizarán tamén o luns a partir das 12.00 horas na praza Arquitecto Antonio Palacios.

Hoxe domingo celebrarase ademais un encontro de corales e villancicos, será ás 18.30 horas no Círculo Recreativo Cultural e actuarán as corales Val da Louriña do Centro Sociocomunitario, A Forna de Budiño, Os Penediños de Atios, ¡Ai de Nós! de Porriño e Agarimo da AAVV San Salvador de Torneiros. Xa a partir das 21.00 horas dará comezo a festa fin de ano, diante da Casa Consistorial, amenizada pola orquesta Claxxon e as rondallas de Pontellas e Santa Eulalia de Atios; ás 00.00 horas tomaranse as uvas ao son das campanadas.

O Ano Novo dará comezo en Porriño coa X Mostra de Rondallas, o martes 1 con saída ás 17.30 horas da rúa Domingo Bueno pasando pola zona peatonal e finalizando no polideportivo municipal, onde se celebrará o certamen ás 18.00 horas.

A clausura da programación será o vindeiro sábado, 5 de xaneiro, coa celebración da tradicional Cabalgata de Reis.