sábado, 29 de diciembre de 2012

San Silvestre Lugo 2012

18ª Carreira pedestre San Silvestre Lugo que se disputará o día 31

A organización agarda que este ano a participación sexa semellante á de anos anteriores, cando rondou as 600 persoas.

A Carreira comezará ás 16.15 hora con saída e chegada na zona do Paseo fluvial próximo ó Pazo de Feiras, no caso das carreiras infantiles e con saída no mesmo lugar e chegada no Clube Fluvial, no caso dos adultos.

Para os nenos haberá catro categorías por idades: mini que terá unha lonxitude de 0,5 kilómetros, A cunha lonxitude de 1 km, B que será de 2 km e C e D que será de 3 km.

Os adultos correrán unha distancia de 6,5 kilómetros e haberá cinco categorías, segundo as idades.

A organización entregará trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría.