martes, 11 de diciembre de 2012

Semana de ejercicio y nutrición Lugo 2012

Lugo acolle a I Semana do Exercicio e a Nutrición

Actividades entre o 12 e o 14 de decembro

Actividades físicas, charlas informativas, degustación de produtos ou revisións médicas son algunhas das actividades que se poden realizar

As actividades terán lugar entre as 18:00 e as 20:30 horas na carpa instalada na Praza da Soidade

Así, durante os tres días as persoas que se acheguen pola carpa poderán practicar actividades como a bioximnasia, pilates, taichí, +rendemento, ou zumba fitness, acceder a accións gratuítas de vixilancia da saúde ou charlas informativas sobre nutrición.

Tamén os nenos terán cabida, cun circuíto preparado para eles de motricidade infantil ademais de levar a cabo degustación de alimentos autóctonos e saudables (mel, queixo, castañas…).