miércoles, 26 de diciembre de 2012

Vigolandia parque infantil Navidad en IFEVI Vigo

Vigolandia 2012 : Horarios y precios
Vigolandia abre as súas portas o día 26, e ata o 30 de decembro, cunha ampla oferta de actividades para todos os públicos. Na súa décima edición, o evento recollerá xoguetes e, como novidade, alimentos non perecedeiros para entidades benéficas.
 
As entradas costarán 3 euros, 2 para os menores de 14 anos
inicia a súa décima edición na tarde do 26 de decembro -de 16 a 21 horas-, abrindo ás 11 de mañá entre o 27 e o 30 deste mes.

Vigolandia, actividade de ocio infantil e familiar en época de vacacións escolares, ofrece o habitual punto de recollida de xoguetes para a Asociación Vida Digna e, como novidade este ano, tamén haberá un punto de entrega de alimentos non perecedeiros para entidades sociais.
O recinto feiral de Vigo ofertará 19.000 metros cadrados de actividades para todos os públicos, como ludotecas, obradoiros, circuitos de coches a pedais, mostras de vehículos, xogos de mesa, áreas deportivas, videoxogos, inchables, manualidades, etc. A programación está dispoñible na web do IFEVI.