martes, 8 de enero de 2013

Cartel ganador Entroido Verin 2013

Un ano máis, o Concello de Verín promoveu o concurso para seleccionar o cartel oficial das festas, que contou tanto coa participación cidadá como dun xurado cualificador no proceso de selección.

No proceso de votación popular participaron un total de 213 veciños/as que, previa presentación do DNI, puideron escoller tres dos catorce carteis. Unha vez concluídos o período de votación, desde o 20 ao 27 de decembro, aos tres carteis que recibiron máis votos outorgáronselles seis puntos ao primeiro, tres ao segundo máis votado e un ao terceiro. Con posterioridade, o xurado cualificador conformado por María del Pilar Salgado -profesora de Pintura da Escola de Artes e Oficios-, Jorge Godás -creativo publicitario, Manuela Sánchez -pintora- e José Javier Vázquez -Cigarrón de Honra 2012-, someteron a todos os carteis a unha segunda valoración, na que lle outorgaron ao cartel máis votado un total de 8 puntos; ao segundo, catro puntos; e ao terceiro deles un total de dos puntos.

Tras esta segunda elección, sumáronse os puntos de todos os carteis -tanto os outorgados polos cidadáns como polo Xurado-, e o cartel que máis puntos obtivo foi “Festa Rachada”, de María Victoria Salgueiro Afonso.
O CEIP Castrelo do Val, gañador do concurso do cartel ‘Desfile Infantil’

A Delegación Municipal de Festexos do Concello de Verín promoveu, por sexto ano consecutivo, un concurso para seleccionar o cartel oficial do “Desfile Infantil”. Nesta edición participaron o CEIP Amaro Refojo, CEIP Princesa de España, Colexio María Inmaculada, CEIP Castrelo do Val, Colexio Rural Agrupado Monterrei e CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós. Cada un deles estivo representado por un máximo de tres traballos inéditos, orixinais e non premiados en ningún concurso anterior.

O xurado cualificador, composto por un representante de cada centro e por un membro designado polo Concello, escolleron tres carteis dos presentados - aos que lles outorgaron tres, dous e un punto-. Nesta ocasión o cartel participante que obtivo máis puntuación, e por cuarta vez na historia deste concurso, foi realizado polos/as alumnos/as de Infantil (3, 4 e 5 anos) do CEIP Castrelo do Val.

O premio consiste na edición do cartel seleccionado e na entrega dun vale de 300 euros para material deportivo e escolar -a adquirir en establecementos do Concello de Verín.

Todas las noticias sobre O Entroido de Verin en www.carnavaldeverin.com/