sábado, 5 de enero de 2013

Festa do Botelo O Barco 2013

Será a XIII edición da festa da gastronomía local, a Festa do Botelo de O Barco de Valdeorras.

O sábado 19 de xaneiro terá lugar a multitudinaria degustación da elaboración máis singular e esquisita da matanza do porco.
A degustación dará comezo ás 14h30 no Pavillón de Calabagueiros.

As entradas poranse á venda, ao prezo de 14 euros, o día 11 de xaneiro na conserxaría do Conservatorio do Barco (rúa da Estación, 2) de 16 a 21 horas de luns a venres. Está prevista a participación no evento de 800 persoas.
Previamente terá lugar, no salón de actos do IES Martaguisela, o Pregón da festa que estará a cargo do internista Carlos Calvo. No mesmo acto outorgaráselle a Mención de Honra á Bodega Cooperativa Xesús Nazareno co gallo do 55 aniversario da súa constitución como entidade e do 50 aniversario da elaboración do primeiro viño.
O concello do Barco quere salientar, deste xeito, o importante papel social e económico xogado por esta cooperativa vitivinícola tanto no pasado como no presente, tanto do Barco como dos municipios limítrofes, no desenvolvemento dos seus recursos e potencialidad