sábado, 19 de enero de 2013

Festa Porco Celta Sarria 2013

V Edición da Festa do Cocido do Porco Celta en Sarria

A quinta edición da Festa do Cocido do Porco Celta celebrase en Sarria o próximo día 26 de xanerio no pavillón dos institutos da vila sarriá, segundo acordaron os organizadores durante unha reunión preparatoria do evento.
 
As prazas están limitadas a 416 persoas que se repartirán en mesas de 13 persoas e xa se pode reservar nos números de teléfono 982 53 22 11 ou 982 53 00 05.
 
A degustación está organizada por tres negocios de Sarria (os hoteis Roma e Afonso IX e a cafetería Santiago) e outros tantos de Samos (o hotel A Veiga, a casa de turismo rural Casa de Díaz e o mesón A Pontenova). Contando coa colaboración do Concello de Sarria, a Xunta, a Deputación, Turgalicia, Serra do Édramo e a Asociación de Criadores de Porco Celta (Asoporcel). Tamén prestan o seu apoio Cárnicas Teijeiro, que fornece a materia prima, a panadería Pallares e Queixos Antonio