martes, 22 de enero de 2013

Horarios Museos Allariz

Nuevos horarios Museos en Allariz

A rede museística alaricana modifica os seus horarios a partir do 9 de febreiro de 2013.

O Museo Galego do Xoguete e o Museo do Coiro continuarán co mesmo horario habitual: sábados, domingos e festivos de 12:00 a 14:00h e de 17:00 a 19:00h.

O Museo do Tecido péchase temporalmente por traslado e o Muíño do Burato abrirá nas seguintes datas: 9 e 10 de febreiro; Semana Santa; 20 e 21 de abril; 1, 4, 5,17,18 e 19 de maio e 22,23 e 24 de xuño.

A Fundación Vicente Risco e a Fundación Aser Seara ofrecen a posibilidade de concertar visitas guiadas para grupos facendo reserva previa en Reatur (988 442 006)
A entrada custará 1€ e será gratuíta para aquelas persoas que presenten tarxeta de cidadanía e os menores de 4 anos.