jueves, 31 de enero de 2013

Programación entroido Ourense 2013

PROGRAMACIÓN COMPLETA ENTROIDO OURENSE 2013

As primeiras actividades comezarán xa a vindeira semana, co xoves de compadres, día 31 de xaneiro e, posteriormente o de comadres a seguínte semana, o 7 de febreiro. Eses días haberá regueifas e loitas tradicionais organizadas pola concellería de Educación.
O venres 8 de febreiro terá lugar na Praza Maior o Pregón do Entroido. Será as 21.00 h e ao rematar sairá un pasarrúas cos Festicultores. Desde ese día, e ata o vindeiro mércores 13, a cidade encherase de ambiente amenizado polas charangas que poboarán as rúas de Ourense.
Un total de 15 charangas realizarán arredor de 50 pases nos 6 días que dura o Entroido. Este ano a programación vólcase en extender a festa ao longo do día, con actuacións tamén pola mañá, os días festivos. O pases das charangas comprenden un maior percorrido, saíndo desde o Parque de San Lázaro, ata a cidade Vella por dúas importantes rúas, Santo Domingo e o Paseo.
As charangas disporán de cinco espazos acondicionados con tarimas para as actuacións. Serán no Parque de San Lázaro, Praza do Ferro, Praza dos Eironciños, Santa Eufemia e na rúa dos Fornos.
Para os máis pequenos están programadas diversas actividades. Por un lado, a Asociación Xuvenil Amencer, organiza o día 9 unha festa infantil na Praza Maior, que continúa pola tarde co Baile da Corte.
Outro dos eventos a destacar é a actuación do Sonoro Maxín, que ofrece un concerto o luns día 11 na Praza do Correxidor a partir das 00.00 horas. Finalmente, o mércores o enterro da Sardiña porá o peche a edición de 2013. A concentración para seguir ao cortexo será ás 20.30 h na Praza Maior.


31 de Xaneiro

XOVES DE COMPADRES

11.15 h Regueifas e loitas tradicionais
Lugar: Praza Maior
Organiza: Concellaría de Educación

7 de Febreiro

XOVES DE COMADRES
11.15 h Regueifas e loitas tradicionais
Lugar: Praza Maior
Organiza: Concellaría de Educación
18.00 h Obradoiro de Comadres
Organiza: Asociación xuvenil Amencer
Lugar: Biblioteca de Amencer (Praza don Bosco, 1, Baixo)

8 de Febreiro

VENRES DE ENTROIDO
21.00 h Pregón do Entroido 2013
Lugar: Praza MaioR
… e ao rematar pasarrúas dende a Praza Maior cos FESTICULTORES
22.30 h Festa Entroido Xuvenil
Concurso de disfraces por parellas (a partir dos 14 anos)

Organiza: Asociación xuvenil Amencer
Lugar: Sala aberta (Praza don Bosco, 1, Baixo)
Animación de rúa Charangas

23.00 h Dr Antxoa, Trópico de Grelos e Mekánika

9 de Febreiro

SÁBADO DE ENTROIDO

Animación de rúa Charangas
11.00 h Os chispas e Os centellas
17.30 h Castro Bello e Os Entreamigos
20.30 h Dr Antxoa, Los estupendos Burruños e Mucha marcha
00.00 h Trópico de Grelos, Air Jalisia, Los estupendos Burruños e Os perqtores
11.15 h Festa infantil de Entroido
Organiza: Asociación xuvenil Amencer
Lugar:Praza Maior

17.30 h Festa infantil O BAILE DA CORTE

Chega a coñecida princesa Lucrecia (Princesa do Reino de trasosmontes) co seu séquito á Praza de Maior de Ourense e para festexalo organiza unha grande festa na que convida a todas/os as/os nenas/os de Ourense así como aos seus pais e nais.

Contos/ xogos medieváis/ cancións e coreografías/ baile de disfraces/ xogos musicais.

Lugar: Praza Maior

10 de Febreiro

DOMINGO DE ENTROIDO

Animación de rúa Charangas

11.00 h Os entreamigos e Mucha marcha

12.00 h Concerto de Entroido da Banda Municipal de Música de Ourense

Lugar: Paseo central da Alameda (se chove farase na Praza Maior)

18.00 h Desfile de Comparsas e Carrozas coa actuación das charangas Dr Antxoa,  Trópico de Grelos, Santiago Apóstol, Os Chispas, Os Centellas e Chunda Chunda.

Concentración das/os participantes: As Lagoas

21.00 h Concurso Rei/ Raíña do Entroido 2013

Todas/os as/os que queiran participar que se acheguen ao Concello, continuaremos coa ENTREGA DE PREMIOS ás/aos gañadoras/es do Concurso de Comparsas e Carrozas para rematar coa coroación do Rei/Raíña deste ano pola raíña do Entroido


Lugar: Praza Maior.

11 de Febreiro

LUNS DE ENTROIDO

Animación de rúa Charangas

11.00 h Os Chispas e Os centellas

17.30 h Castro Bello e Os entreamigos

20.30 h Dr Antxoa, Los estupendos Burruños e Chunda chunda

00.00 h Trópico de Grelos, Air Jalisia, Los estupendos Burruños e Aperta

11.15 h Mañás de Entroido (Previa inscripción)

Organiza: Asociación xuvenil Amencer

Lugar: Praza don Bosco, 1, Baixo

17.30 h Festa infantil UN DÍA NO CASTELO

Chega o castelo de Trasosmontes á Praza Maior de Ourense con todos os seus habitantes. Os cabaleiros da praza de armas, os Trovadores, as princesas, os xoglares...múltiples sorpresas agardan polas/os rapazas/ces que se animen a visitarnos.

Talleres, xogos, Obradoiro de elaboración de pandeiretas, maquillaxe, tirachinas

19.30h Actuación infantil: “Çe, orquesta pantasma”

Lugar: Praza Maior

00.00h Concerto

O SONORO MAXÍN

Lugar: Praza do Correxidor

12 de Febreiro

MARTES DE ENTROIDO
Animación de rúa Charangas
11.00 h Os Chispas e Os centellas
17.30 h Castro Bello e Os entreamigos.
20.30 h Dr Antxoa, Mucha marcha e Chunda chunda
17.00 h Festa do Entroido Infantil
Obradoiros e rincón de xogos
Lugar: Praza Maior

13 de Febreiro

ENTERRO DA SARDIÑA
20.30 h Enterro da sardiña
Concentración na Praza Maior, as carpideiras acompañarán a Sardiña ao longo do percorrido, o cortexo fúnebre irá amenizado polas charangas Chunda chunda e Os centellas.

Percorrido: Saída da Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, Sto Domingo, Lepanto, Xoán de Austria, praza de Santa Eufemia, Lamas Carvajal e remate na Praza Maior coa queima da Sardiña

ENTROIDO DAS EIROAS

FESTAS DA PITA

27 DE XANEIRO

DOMINGO FARELEIRO

Pola mañá recepción do Meco polas autoridades do barrio

Desde as 17.00h, farelo na praza, coa Charanga Nova terra de Trives

3 DE FEBREIRO

DOMINGO OLEIRO

Ás 17 h, aproximadamente, chegada das Olas á praza.

Xogo das olas coa Charanga Os Chispas

9 DE FEBREIRO

SÁBADO DE ENTROIDO

Entre lusco e fusco.- Folión do Entroido

12 DE FEBREIRO

MARTES DE ENTROIDO

Pola mañá.-Ruada con máscaras e músicas

13.00 h Voda da Pita

Xantar dos noivos, coa Charanga Los estupendos Burruños

(Apuntarse no Bar da Comisión antes do Domino Oleiro)

Baile de disfraces coa orquestra D´MOMENTO

Concursos e pasarelas de disfraces

A partir das 21.00h.-Queima do meco

ENTROIDO DE SEIXALBO

PAQUITA E NICANOR

3 DE FEBREIRO

16.00h Saída dos Entroidos Paquita e Nicanor, percorrido polas rúas de Seixalbo para

deixalos na Praza Maior de Seixalbo e xogo das olas

Animación musical coa charanga Santa Cecilia

8 DE FEBREIRO

VENRES DE ENTROIDO

Pregón en Ourense cidade coa participación de Paquita e Nicanor, entre outros

10 DE FEBREIRO

DOMINGO DE ENTROIDO

11.30 h Procesión A Capela de Santa Águeda coa actuación da charanga Nova terra

de Trives.

14.00 h Xantar na Rúa Maior de Seixalbo coa actuación da orquesta Nevada.

16.00 h Actuación sobre o programa un, dos tres.

12 DE FEBREIRO

MARTES DE ENTROIDO

16.00h Saída das diferentes comparsas polas rúas de Seixalbo ata a Praza Maior coas

charangas Mucha marcha e Santiago Apostol.

20.00h Percorrido cos Entroidos Paquita e Nicanor, ritual da queima e entrega dos

mecos para a súa custodia para o ano vindeiro.

13 DE FEBREIRO

ENTERRO DA SARDIÑA

21.30h Desde a Finca da Infesta enterro da Sardiña coa procesión polas rúas de

Seixalbo, para o regreso probar o viño con sardiñas.

Xa estamos na Coresma, e como non pagamos a bula pola crise hai que xaxuar de

aquí para adiante.

ENTROIDO ASOC. CULTURAL

FREI CANEDO DA PONTE

9 DE FEBREIRO

SÁBADO DE ENTROIDO

23.30h Baile de disfraces a cargo do grupo orquestral “FUTURO”.

10 DE FEBREIRO

DOMINGO DE ENTROIDO

(Día do polbo e dos nenos e nenas)

13.00 h Gran papatoria con CARNE O CALDEIRO, POLBO, PORCO AO ESPETO,

PAN E VIÑO con música de charangas.

20.00 h Espectáculos infantís (regalos para todas/os as/os nenas/os).

22.30 h Baile popular con “DISCOTECA MÓVIL”.

11 DE FEBREIRO

LUNS DE ENTROIDO

(Día grande de Frei Canedo)

18.00 h Charanga para a xuntanza dos frades arredor da Capela

19.30 h Comezo dos solemnes actos con:

-Purificación do lugar co “POTEFUMEIRO”

-Presentación

-Sermón a cargo de... alguén representativo

-Bendición dos novos cofrades

20.30 h Saída da solenme procesión polas rúas da Ponte

Confirman a súa presenza:

Blanquita e a lexión, os Follións deTrives, as Romanas da Ponte, os Bombeiros de

Canedo, o Abade da Orde e as forzas vivas di pobo´.

22.00 h Xuntanza nos solemnes comedores para honrar a FREI CANEDO cunha cea

(só para socios) iso si, mentres os frades cean, podedes facer o mesmo nalgún

chiringuito da zona... pero rapidiño, xa que á eso das...

23.30 h Comezo do baile de disfraces a cargo do grupo orquestral “FUTURO” ata as

3.00 h.

NOTA: Como dependemos da esmola do persoal... segundo os cartos que xuntemos

trataremos de arranxar algo máis.

ENTROIDO NO COUTO

9 DE FEBREIRO

SÁBADO DE ENTROIDO

11.00 h Desfile de charangas e comparsas polo barrio do Couto.

Mediodía: Algúns establecementos de hostelería ofertarán un menú especial de

Entroido.

16.30 h Baile de disfraces infantil con regalos dos comerciantes que colaboren e

discoteca móvil con Alberto Gil e Laura.

Lugar: Galerías do Couto (rúa Ervedelo).

19.30 h Baile de disfraces para adultos coa actuación do dúo: “La noche de O

Grove”.

Lugar: rúa Greco.

Organiza: Sociedade Cultural Albor e Centro Comercial Aberto Couto Centro.