miércoles, 20 de febrero de 2013

Cursos de formación en Hostelería Compostela

Cursos de formación en el Centro de Formación de Hostelería Compostelana
A Asociación Hostelería Compostela ven de presentar a nova programación de accións formativas para este 2013.

A novidade deste ano son os certificados de profesionalidade que acreditan a experiencia laboral cun título oficial e válido para o territorio nacional. Os encargados de presentar os cursos foron os presidentes de Hostelería Compostela, Xosé Manuel Otero e Xesús Sordo, o coordinador de Formación de Hostelería Compostela, Javier Sexto.

Os cursos son de balde e forman parte dos Plans de Formación Sectorial subscritos pola Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT) e pola Federación Española de Hostalería (FEHR). Os horarios das acción formativas buscan a conciliación entre o horario laboral e o formativo para que os empregados poidan compatibilizar ambas xornadas.
Formación Bonificada

A outra modalidade formativa que presenta Hostelería Compostela é a formación bonificada. Estes cursos son de balde para o traballador e financiados cas cotas de formación profesional. Toda empresa que cotice polos seus traballadores no Réxime Xeral da Seguridade Social dispón dunha cota para a formación dos seus empregados.