viernes, 8 de febrero de 2013

Encuentro magia Búrbida Máxica Redondela 2013

Búrbida Máxica Redondela 2013

Magia en Redondela

Redondela acolle, entre o 8 e o 22 de febreiro, o III Encontro Máxico, que arrancará, o venres 8, no Multiusos da Xunqueira, coa actuación do Mago Noel, Xosé e Eloy Crespo.
O espectáculo comezará ás 21.00 horas e a entrada é de balde.
O encontro máxico continuará nos dous seguintes venres do mes, o 15 e o 22, no mesmo horario, e contará coa participación de magos de toda Galicia e dun convidado de Las Palmas.
A entrada é de balde para todas as funcións.


Programación de Búrbida Máxica 2013
Venres 8 de febreiro: Mago Noel, maxia e malabares; Mago Xose, maxia de salón e Mago Eloy Crespo, mentalismo.
Venres 15 de febreiro: Mago Eloy Mateos, maxia e jazz; Mago Xulio, micromaxia e Mago Alán Golías, grandes ilusións.
Venres 22 de febreiro: Mago Keko, maxia de proximidade; Mago Xermán, maxia de salón e peche especial co Mago Romarís, maxia enxebre