viernes, 8 de febrero de 2013

Entroido Malpica 2013

ENTROIDO EN MALPICA 2013

Do 7 ó 17 de febreiro

Cartel Antroido en Malpica 2013O antroido 2013 comeza en Malpica o xoves día 7 de febreiro cunha festa infantil na Ludoteca Municipal para seguir con actividades diarias ata o martes de antroido.

Durante estes días non faltarán as festas de disfraces e os concursos de comparsas, piñatas e disfraces e gastronómico.

Tampouco pode faltar a música que animará os bailes que se organizan tanto para maiores como para os máis pequenos ao longo de todo o concello.

As parroquias de Malpica despedirán o antroido cos personaxes habituais como son a Mikaela en Buño, o Faustino en Malpica e o Farruco en Seaia na fin de semana de Piñata (16 e 17 de febreiro).

A última en despedir esta festa será a parroquia de Cerqueda co xa tradicional cocido de Antroido o sábado 23 de febreiro.

Consulta en el siguiente link o programa completo de actividades.